Da man de Musicreques os nenos de Mugardos viviron unha emocionante tarde. A música, a historia e as personaxes tiveronos engaiolados durante toda a actuación. Unha tarde moi divertida que deixa a todos con ganas de máis.
Todo isto ocorreu o martes 20 de outubro de 2015
O día 17 de outubro os nenos e nenas de Palas de Rei viaxaron de conto en conto xunto con Catalina, e coa axuda de outras persoaxes de contos como carrapuchiña ou o lobo.
Os nenos e nenas de Ponteareas, así coma os seus acompañantes, gozaron moitísimo dos contos que a compañía Sarabela teatro lles fixo chegar, meterse nas historias e disfrutar moitísimo, interaccionando en todo momento co público asistente.
O misterio do pirata Benito Soto, a cargo de Polo Correo do Vento, fixo disfrutar aos máis pequenos e pasar unha sesión divertidísima grazas aos contos e ás ilustracións que ao mesmo tempo levaba a cabo o debuxante. Os nenos puideron ademais, facer a súa propia ilustración, guiados en todo momento polo ilustrador.
Foi unha actividade que gustou moitísimo e que tivo lugar o 14 de maio de 2015
.

No día de onte 19 de outubro, Leo Leiño co seu espectáculo “Maxia Cómica”, foi a encargada de amenizar a tarde tanto aos rapaces como aos adultos que acudiron a Biblioteca. Durante unha hora os asistentes desfrutaron de números de maxia, que fixeron a ledicia de todos os asistentes
Un estupendo taller de divulagación e creatividade onde, Guillermo e Ignacio (Maumarela), primeiramente aproximaronos a conceptos básicos do mundo do fósil e a palentoloxía a través da bibliografía que dispoñemos na biblioteca ó respecto. A seguir creamos….¡¡¡ os nosos propios fósiles !!!
O luns, 19 de outubro, desfrutamos dunha tarde moi entretida, lúdica e educativa co Obradoiro de Marionetas de papel a cargo de Viravolta Títeres.
Todos os asistentes fixeron o seu comecocos, que logo decoraron e adornaron ao seu gusto, partindo das instruccións de Anxo, que con moita paciencia e bo humor foinos desgranando como facer a nos marioneta.
Tanto pais/nais, como nenos/nenas, o pasaron en grande e aprenderon que cousas tan xeniais pódense facer cuns trozos de papel de cores.

RESULTADO DO NOSO OBRADOIRO DE MARIONETAS DE PAPEL. VIRAVOLTA TÍTERES.

O 16 de outubro, unha ratiña de Lonxedetodo visitou a nosa Biblioteca, e cantando e contando contos aderezados e confeccionados coma unha carta de restaurante, fixo desfrutar a nenos e acompañantes dun rato entrañable.
Ao finalizar todos e todas querían fotografiarse con Lilí Gruyere e os platos do seu menú.
O protagonismo de cantigas de base popular e tradicional, a gastronomía e os enredos e brincadeiras forman parte da narración das historias do avó Casiano.

No primeiro lugar: presentar a biblioteca, falar dos nosos libros, cómo facer o carné.
Despois os contos, altos e claros. Todos moi atentos e participando neles.




Séguenos