Minia Regos e os nosos nenos internáronse no mundo do cine, transformaron contos da nosa biblioteca en curtos de animación.
Obradoiro de creación de imaxes en movemento a partir de debuxos e imaxes fixas feitas de plastilina
Da man de Xanela Ocio, os/as nenos/as de Verín, no servizo de Bibliopiscina foron transportados a un mundo de ilusión e ledicia grazas a música dunha discoteca móbil, coa que bailaron e realizaron xogos lúdicos e educativos. Ao longo dunha hora e vinte minutos, todos e todas gozarán dun tempo de lecer no que os soños se converterán en realidade, e no que os/as menores serán os verdadeiros protagonistas.

Lili Gruyère , unha ratiña de biblioteca amante dos libros, deleitou as nenas e nenos carnotáns cos seus dotes artísticos e culinarios. Dende a aldea de Lonxedetodo, tróuxonos divertidas historias, protagonizadas por personaxes sorprendentes, e preparounos un menú saudable e creativo, capaz de curar todos os males.

O pasado mércores, diá 6 de de agosto tivo lugar en Palas de Rei a actuación de Maxicosons, onde Álvaro Muras e Martín guiaron ao nenos a través de xogos de maxia e co apoio da música, indicándolles todas as cousas que se poderán atopar nas bibliotecas, todo o que poden aprender e se poden divertir.
O mércores 6 de agosto Olga Abad Prieto, da compañía Intres, tróuxonos a historia “O sono do rato”. A través dun teatriño de sombras e marionetas contounos diversas aventuras protagonizadas por este pequeno animal.

O venres, 1 de agosto, Xanela Ocio trouxo a Carnota un feixe de contos ao revés, narracións clásicas revisadas, con inversión dos roles tradicionais, orientadas a fomentar a igualdade e o respecto aos demais entre os máis pequenos.
O venres día 1 de agosto, Dada o duende visitou a Axencia de Lectura de Santiso e contoulles a todos os nenos e nenas unha morea de contos. Foi unha actividade entretida e gustoulles moito.


Séguenos