Obradoiro “Crea fósiles de dinosauros” con Maumarela na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal” (Arteixo)

O día 7 de outubro tivo lugar este obradoiro de 100 minutos de duración dirixido á infancia de 4 a 11 anos. coa intervención de dous integrantes de Maumarela.
Constou de dúas fases, na primeira fíxose a proxección de imaxes do proceso de fosilización dos dinosauros, acompañadas de explicacións axeitadas ao tramo de idade dos participantes, na segunda as crianzas fixeron cadanseu fósil para levar á casa. Utilizouse plastilina, xeso, area e auga, así como figuras de dinosauros que entusiasmaron á rapazada.
Unha actividade realmente interesante e moi ilustrativa.









O mércores 1 de outubro, ás 18:50 h, Santi Prego trouxo á Biblioteca de O Froxel “Franciso A. Vidal” de Arteixo, moitos e divertidos contos e cantos acompañado polos seus monecos, facendo participar activamente ós nenos que viaxaron coa imaxinación a mundos fantásticos.











Séguenos