Neste contacontos o Duende Dada deleitou os nenos cun repertorio
de contos nos que traballaron valores como a convivencia, a
igualdade, etc ademáis de fomentar o hábito da lectura entre os
máis pequenos. A actividade tivo lugar o día 20 de xuño
A narradora deleitounos con unha mezcla de ficción e realidade incluindo moitos contos clásicos como Hansel e Gretel, Alicia no país das marabillas xunto con personaxes de novela como Don Quixote e Sancho Panza.
Foi unha boa e intensa actividade de animación á lectura

O día 20 de xuño tivo lugar na AML este xogo do programa Ler conta moito no que participaron arredor de
40 nenos no que reflexionaron sobre a diversidade lingüística e os distintos idiomas de maneira que os
rapaces aprenderon palabras noutras linguas e divertironse

O xoves 19 de xuño na Axencia de Lectura de Santiso, tiveron lugar os contos de Sole Felloza “Vento e Chuvia”, que foi adaptando ás distintas idades dos nenos e nenas. Todos os asistentes estiveron moi entretidos e animados.
O mércores 18 de xuño o Club de lectura Pintor de Castinande da BPM de Sober asistiu a unha sesión da contadora Charo Pita.
Os integrantes do club de lectura escoitamos historias de amor, erotismo e morte basadas en contos de aquí e de outros lugares que nos fixeron reflexionar, compartir e tamén ,como non, pasar unha boa tarde.
O pasado día 14 tivo lugar na Biblioteca Pública de Riveira a actividade “Contos para a paz” por “A contadora de soños” (Rula e Mónica”. A través do relato e acompañadas pola música ensinaronlle aos rapaces os camiños da paz.
Tanto os nenos como os pais aprenderon que non hai camiños para a paz e que a paz é o camiño. Ao final entre todos fixeron un mural que quedou na parede da Biblioteca.
Acudiron uns quince rapaces e 10 pais (fixo moi bo tempo). E a actividade foi moi celebrada por todos
Os contos e a maxia de Leonor (Leo Leirño) e os seus axudantes para pechar os “venres de conto” na Biblioteca Pública de Pontevedra.
O venres 8 de xuño pasamos una tarde de conto con Trinketrinke es suas “Aventuras na cociña” para na Biblioteca Pública de Pontevedra.
Raquel Queizas volveu a Biblioteca a compartir con nos as súas historias, co seu traballo “Orixe”. Biblioteca Pública de Pontevedra, venres 30 de maio.


Séguenos