Unha viaxe a través dos contos por América Central. 55 nenos de idades entre os 6 e os 10 anos, disfrutaron na biblioteca de Covelo da narración de varios contos sobre a cultura no país de Guatemala, a cargo de María Caride de Solidariedade Internacional de Galicia.
Onte, xoves 8 de maio a asociación cultural Lisintrata estivo contando contos na axencia de lectura Municipal de Meño, contos no que se manifesta que todos temos as mismas obrigas e os mesmos dereitos sexamos homes ou mulleres. Foi moi participativo e os nenos/as expresaban as súas opinións.
Este martes acompañáronnos de novo os ratiños de Lonxedetodo do Trinke Trinke na nosa biblioteca.
Nesta ocasión, unha ratiña contounos contos para promover hábitos saudables na alimentación.
Preparounos un fantástico menú con froitas e verduras … e contos, como non?
Os contos non os comemos, pero estivemos moi atentos/as…
e o menú… deliciooooso!!!
Seguimos celebrando a semana do libro, e o día 25 de abril, Marisa Irimia presentounos os seus contos de Marmeleiro, anís e limón.
Conto tras conto fixo que os nenos disfrutaran dunha tarde de historias e maxia.
O pasado día 3 de maio tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal de Riveira a primeira actividade dos “Sábados na Biblioteca” incluído no Programa do “Maio Cultural” que se fai en colaboración co Programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.
A dita actividade foi “A historia do pirata Benito Soto” polo grupo “Polo correo do vento”. Consistiu nun contacontos mentras un ilustrador ía debuxando nunha pizarra relacionado co que se ía contando. Despois os rapaces debuxaron sobre o tema. Durou aproximadamente uns 70 minutos.
Estivo moi ben, acudiron 65 rapaces e máis ou menos 25 pais . Foi moi participativo por parte dos nenos

Fátima Fernández visitou a Biblioteca de Padrón para contar as mellores historias baixo o título “Érase unha vez uns zapatos…”
O DÍA DO LIBRO CELEBRÁMOLO ESTE ANO CON UN CONTACONTOS PARA OS MÁIS CATIVOS DA NOSA BIBLIOTECA, NENOS E NENAS DE 0 A 3 ANOS DISFRUTARON CON CONTOS DE CHARO PITA, TRIQUITRAQUE TRAQUETRIQUI.. OS SONS, AS IMAXES E AS HISTORIAS DE CHARO ENGAIOLARON AOS ASISTENTES PEQUENOS E GRANDES
O venres 2 de maio rematou a actividade de dinamización lectora o lapis máxico. Dende o 7 de marzo, tódolos venres de 17:30 a 18:30 os nenos de Ribadumia poideron disfrutar da lectura e posta en escea dos seus contos preferidos.
O pasado 24 de abril celebrouse na Biblioteca de Salceda de Caselas un espectaculo de animación á lectura con títeres, maxia….onde 78 nenos e nenas de Salceda pasaron unha divertida tarde.


Séguenos