23/06/2014
Dentro do programa Ler Conta Moito promovido pola Xunta de Galicia, o sábado 21 de xuño Bea Campos e David Fernández acompañáronnos na última sesión de Entre arrolos e contiños – Os contos do Chupete deste curso.
Foi como sempre unha fantástica mañá de animados contos e cancións que fixeron as delicias de pequenos e maiores.
Comezamos, para non perder o costume, coa canción de benvida seguido dun conto tradicional e ben coñecido por todos, o Garavanciño. Despois de seguir as súas peripecias ata acabar na barriga do boi, fomos de paseo ao Zoo, onde coñecimos a simpáticos animais como a curuxa Paca, o rato Xan, o panda Andrés… E como a cousa ía de animais, seguimos a sesión con outro clásico: os Tres porquiños. Acompañamos tamén ao pequeno Iyoqué, que a pesar de non ser alto como a súa amiga a xirafa, nin forte como o gorila, feroz como o león ou áxil como a gacela, está moi contento de ser todavía pequerrecho, pois así ten a sorte de caber no colo da súa mamá…
Para rematar, fixémolo como xa é habitual con dúas cancións populares, que nos meteron o ritmo no corpo para toda a fin de semana.
Séguenos