Dada o duende visitou Santiso
O venres día 1 de agosto, Dada o duende visitou a Axencia de Lectura de Santiso e contoulles a todos os nenos e nenas unha morea de contos. Foi unha actividade entretida e gustoulles moito.
O venres día 1 de agosto, Dada o duende visitou a Axencia de Lectura de Santiso e contoulles a todos os nenos e nenas unha morea de contos. Foi unha actividade entretida e gustoulles moito.
O luns 28 de xullo, a ratiña Lili fixo un menú saudable, as nais e os nenos participaron e sorprenderon co coñecemento de todos os ingredentes e os menus saudables que se poden facer.
O 23 de xullo tivemos a actuación de Leo Leiño na biblioteca de Covelo, dentro do programa das actividades culturais das festas patronais. Pequenos e maiores disfrutaron durante unha hora coa “Máxia Cómica” de Leo e os seus trucos.
A ONG Solidariedade Internacional estivo en Sober coa súa campaña de Educación intercultural para nenos e nenas : “Contos do mundo”.
Na tarde do 24 de xullo os máis novos coñeceron a cultura de Guatemala a través dos contos que unha nena chamada Irene escoitou das avoas e que lle falan da vida neste país de centro américa : os nomes dos primitivos guatemaltecos, que descenden dos indios maias; tamén falou dos animais e da xeografía ; en definitiva unha visita a través dos cinco sentidos e que disfrutamos nesta tarde de verán.
Nenos e nenas achegaronse durante 4 días, do 14 ao 17 de xullo, a biblioteca municipal para realizar os seus propios contos e ilustralos.


O cantautor Pablo Díaz estivo cos nenos e nenas das Pontes cos seus cantacontos para bebés.

Os rapaces das Pontes escoitaron os contos e as cancións da nena e o grilo da man de Magín Blanco. Unha tarde estupenda de música e historias


Séguenos