Humor gráfico con Leandro e Guitián, na biblioteca municipal de Monte Alto (A Coruña).
O pasado venres puidemos gozar, na biblioteca municipal de Monte Alto, da profesionalidade e experiencia dos artistas Alberto Guitián e Leandro Barea, que nos mostraron as técnicas e recursos creativos do humor gráfico actual.
Botamos unhas risas improvisando situacións cotiás que poderíannos servir de inspiración para as nosas propias viñetas, e logo experimentamos con materiais reciclados para crear as nosas primeiras caricaturas. Unha mañá diferente e, sobre todo, moi divertida.






O xoves 28 de agosto recibimos na biblioteca de Ponte Caldelas a visita de Leo Leiño co seu espectáculo de maxia cómica que fixo as delicias dos mais pequenos.
O martes día 26 de agosto recibimos na biblioteca de Ponte Caldelas a visita de Migallas Teatro co seu espectáculo “Merenda Pan de Millo”, deleitando a pequenos e maiores cos contos de Kalandraka e a música tradicional nas voces de Carlos e María. Moito éxito de participación.













Séguenos