Hoxe, xoves 15 de maio veu celebrar as Letras Galegas deste ano cos nenos e nenas de Zas, Gonzalo, de Elefante Elegante co seu “Lobo Bobo”
O día 14 de maio na biblioteca de Covelo estivo Teatro Babaluva cos nenos de 3º e 4º do colexio. Os nenos disfrutaron moito mostrando a súa creatividade a través deste obradoiro, facendo diversos persoaxes coa axuda de frutos secos, verduras e diversos alimentos.
O 14 maio na programación da semana das Letras Galegas, achegóuse á biblioteca municipal de Oroso, Elefante Elegante, para divertir aos máis pequenos co contancontos “O aviador”. Máis de 40 nenos, xunto cos seus pais desfrutaron dunha actividade moi animada e divertida.
O mércores, 14 de maio, o auditorio de Vimianzo encheuse de nenos para ver un espectáculo de maxia e animación a lectura.
Chrystyan Magic introduce os nenos na maxia a través dun conto “Na senda da serpe alada”. Os nenos soben o escenario e colaboran activamente na sesión, axúdanlle a realizar os trucos e participan dende o público
O martes, 13 de maio, a ratiña Lilí Gruyère achegouse a biblioteca para divertir os máis pequenos coas súas “aventuras na cociña”. Improvisou unha cociña na que elaborou un menú a base de froitas, verduras e historias con personaxes como porros, pementos,cenorias… que divertiron e sorprenderon os nenos

Os de Xanela Ocio déronlle outra volta ao conto e presentáronnos relatos actuais e divertidos cos que é doado identificarse.
Na biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo, o día 25 de abril ás 19:30 horas, tivo lugar a actuación MaxicoSons, a cargo do músico Álvaro Muras e do ilusionista Martín Camiña. Como foi unha actividade con moito público, máis de 80 nenos e 70 adultos. Para poder acoller a todos desenvolveuse no salón de actos. Todos pasaronlo moi ben.
A biblioteca municipal de Culleredo, o día 22 de abril, na programación da Semana do libro contou coa actividade de Trinketrinke Teatro “Aventura na cociña”. Máis de 50 nenos, xunto cos seus pais e nais desfrutaron dunha actividade moi animada, dinámica e divertida.
Na biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo, celebramos a Semana do libro cunha programación especial. Unha das actividades elexida foi un contacontos para bebés, Triquitraque-traquetriqui, a cargo de Charo Pita. A actividade durou 40 minutos, pero os bebés aguantaron perfectamente e aos pais e nais encantoulles. Charo, cantounos, contounos, rimounos e todos xuntos xogamos a cabalgar nun cabalo.

Tim Bowley e Charo Pita
O luns 12 de maio iniciáronse as actividades dirixidas aos nenos e nenas dos diferentes niveis educativos do municipio, contempladas dentro da máis ampla programación da Feira do Libro de Brión – Maio Cultural 2014. Da man de Tim Bowley e Charo Pita, os rapaces de 1º Ciclo da ESO do IES de Brión asistiron a “Dúas linguas, unha historia” unha divertida sesión conta contos en inglés e galego.
Ao auditorio do Centro Social Polivalente, lugar onde se celebrou a actividade ao non contar a biblioteca cun espazo axeitado, acudiron aproximadamente uns 60 rapaces e rapazas acompañados por catro profesores que durante unha hora gozaron das historias narradas en inglés polo “storyteller” Tim Bowley e traducidas por Charo Pita. Contos de diferentes partes do mundo que espertaron a curiosidade dun auditorio moi entregado e con gañas de participar, como así o demostraron no conto do “Pirata a serea e o mago feo”.
Tim Bowley leva narrando historias por todo o mundo dende hai máis de 25 anos. Ademais como escritor ten libros para todas as idades en editoriais como Kalandraka, OQO, Raíces e Palabras del Candil. Charo Pita tamén é narradora de historias e escritora. Ámbolos dous levan traballando con éxito en actividades de narración e animación lectora en bibliotecas e institutos de ensino secundario dende o ano 2006.


Séguenos