Cantacontos na Biblioteca Pública Municipal do Grove
Raquel Galavís achegou ata a biblioteca municipal do Grove o seu espectáculo Cantacontos, onde a narración oral ía acompañada da proxección de imaxes e a música dunha guitarra en directo.

Durante a narración dos tres contos, Raquel interactuóu co público asistente, que cantou e bailou e axudou a desenvolver episodios das historias.

Ao final todos os nenos e nenas, así como as nais e país asistentes, cantaron e bailaron xuntos ao ritmo da música da Tarara. En definitiva, unha divertidísima tarde de venres na biblioteca do Grove.





Neste obradoiro cada un dos participante elaborou un retrato do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.














A compañía Elefante Elegante representou na Biblioteca Municipal de Lugo, “Lobo bobo”. Con este contacontos os nenos e nenas asistentes coñeceron aspectos sorprendentes e divertidos dos personaxes dos contos máis coñecidos como Bracaneves, Carapuchiña Vermella ou os Tres cerditos.









Séguenos