Blog de ler conta moito
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.
Ler conta moito ofrece un conxunto de actividades nas bibliotecas públicas galegas para achegar a cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente.
Na procura da maior difusión entre a cidadanía de Ler conta moito poñemos a disposición de todas as bibliotecas públicas que participan no programa este blog para visibilizar como foi o desenvolvemento da actividade a través de imaxes e comentarios.





Séguenos