Debulendo lendas na BPM de Baiona co Tarabelos




Onte, dentro do programa Abril de Libros nas Bibliotecas de Dumbría, visitounos Paula Suárez con “O mundo de cores de Roque e Lía”.
Co libro como fío condutor, Paula Suárez, foi guiando a actividade.
Contacontos, taller de debuxo, círculo de debate e ata pintaron as unllas.
Entretido e educativo.

O pasado martes, dentro do programa Abril de Libros nas Bibliotecas de Dumbría, recibimos na ALM de Berdeogas a Galitoon, que nos trouxo un precioso e entretido taller de elaboración de títeres.
Os/as participantes elaboraron cadanseu títere feito con calcetíns.
Pequenos e maiores compartiron tempo e actividade, guiados por Galitoon, que introduciu diversas dinámicas e xogos no medio da actividade.
Posteriormente, entre todos improvisamos un teatriño de títeres coas pezas creadas.
Gustou moito.


O pasado luns, dentro do programa Abril de Libros nas Bibliotecas de Dumbría, Pedras de Papel (Electra Menéndez), visitou a biblioteca do Ézaro.
Tróuxonos un taller no que realizamos animais (reais e imaxinarios) en 3D. Para isto usamos tan só papel reciclado, cinta, pegamento e pintura.
O taller foi moi ben recibido e valorado polos participantes. Pequenos e maiores compartiron tempo e actividade.
Gustounos moito!




Pensaches algunha vez que non era posible ter un circo na túa Biblioteca? Dani Blanco demostrounos que sí é posible. Trouxo un espectáculo do mellor circo do mundo para disfrutar en familia


Para conmemorar o 23 de abril, Día do Libro, a biblioteca municipal convidou a veciñanza a participar nun espectáculo de maxia, humor e ilusionismo a cargo do Mago da Boina e a súa pequena axudante Nami.
Ler máis →
Con motivo do Día do Libro na Biblioteca de Monterroso desfrutamos dun CONTACONTOS SENSORIAL, inicando aos bebés da vila no amor pola fantasía e a maxia dos libros

A Biblioteca Xela Arias de Chapela celebrou o Día do Libro coa rapazada, a través do obradoiro creativo: «Contos en construción».
Unha proposta do grupo Costa Oeste que xoga a misturar contos clásicos, arquitectura e xogo espacial.
Unha actividade que parte do conto dos Tres Porquiños e lanzando a proposta aos participantes para que sexan quen de idear e proxectar as construcións necesarias para eses cochiños que xa afrontan a emancipación e a vida adulta.
Nenos e nenas participantes deixáronnos moi sorprendidos pola súa creatividade e por proxectar solucións moi orixinais e divertidas para as vivendas destes marranchos tan singulares.
+ INFO: https://redondela.gal/es/un-dia-do-libro-redondo-nas-bibliotecas-municipais


Para celebrar o Día do Libro, nenos e nenas da Galiña azul disfrutaron coa sesión de contacontos de Trémola teatro “Pipo e o paxaro que nos sabia voar”, unha mañá chea de historias, música e pompas de xabón na que os máis pequenos puideron desfrutar da compañia de Pipo.
Nas vacacións de semana santa gozamos dun Saco de contos da man de Ángeles Goas. Un acerto para grandes e pequenos!



Séguenos