Neste obradoiro, iniciamos @s nen@s na cociña.
Guiados por dous profesores titulados de hostalería, aprenderon a traballar diferentes tipos de mesturas para realizar pans, muffins e galletas, que unha vez amasadas, pasaron polo forno.
A historia do Aviador aterrou o 16 de maio ás 18:00 h na Biblioteca Municipal do Grove de mans do Elefante Elegante
Entretido contacontos no que a narración oral veu acompañada pola manipulación de obxectos, as sombras chinesas, a marioneta de luva, a música, a xestualidade e a plasticidade do dispositivo escénico, creando un universo cómico, interactivo e poético onde se desenvolveu a obra.
Tratábase da historia do encontro dun aviador cun Moucho ao que, coma a todos os mouchos, lle gusta mais a noite que o día. Cando escurece, voaba dun lado para o outro, axitaba as ás e asubíaba como o vento, pero ao amencer, enchíase de tristura. Sentado na punta dunha póla, pensaba en como seria marabilloso que a noite nunca terminase. Por que sae o sol? O Aviador vai tentalo todo para axudar ao Moucho, pero decátase de que non é posible vivir nun mundo sen sol?

O polifacético artista engatusou a grandes e pequenos cun ameno espectáculo no que as súas magníficas dotes narrativas e xestuais se combinaron coas sombras chinesas, as marionetas de luva e a música. Todo o público asistente gozou coas aventuras do aviador e o moucho, participaron activamente e interactuaron co narrador para axudar ao desenvolvemento da historia.

Ao rematar ninguén se quería levantar porque lles gustou tanto que querían máis.

A narradora desenvolveu unha sesión de contos onde se intercalaron relatos de temática relacionada con actividades cotiás ( a lactancia, a arte da baci) con breves historias de animais e cancións. Os elementos sonoros tiveron unha relevancia importante no desenrolo da sesión para captar a atención dos nenos.
Charo contoulles contos como “Adiviña canto te quero”; “El arte de la baci”; “O artista que pintou un cabalo azul”; “Maxia”; “La gallina feliz”; “El león remolón”
Ademais fixemos unha selección de libros para nenos de 0 a 4 anos e mostrámola na sala infantil da biblioteca. Recomendamos estas lecturas e animamos aos pais a que fixeran socios aos seus fillos e a que usen o servizo de préstamo da biblioteca.

A monitora Larraitz Urruzola da compañía Títeres Babaluva ensinou aos participantes a elaborar e decorar letras de cartón, utilizando a tipoloxía (tipo de letra) Gallaecia e decoradas con diferentes deseños de cores, texturas e patróns, inspiradas nas simboloxías máxicas galegas, nas ornamentacións da cerámica de Sargadelos, na xoiería tradicional, na arquitectura e tamén na arte contemporánea galega.
Despois de ter estas letras decoradas conformamos a palabra TOUPORROUTOU, parte do título da peza de teatro para nenos de Roberto Vidal Bolaño.
Estas letras quedaron penduradas na entrada principal da biblioteca e serviranos de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, o autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano.
Durante a actividade e mentras respetamos os tempos de secado das letras, incluso representamos un fragmento dunha obra teatral de Vidal Bolaño
O 17 de maio, Dia das Letras Galegas a biblioteca trasladouse coma todos os anos á Praza Maior e celebrouno con distintas actividades, eso si, tivemos que meternos a colleito no patio do Pazo dos Condes, onde montamos a mostra bibliográfica de Roberto Vidal Bolaño, de libros en galego que son novidades na biblioteca e con agasallo de libros en galego. As 12 h. tivo lugar un contacontos con monicreques da man de Anima Accion e o seu espectáculo Os Kiricreques, dentro do programa Ler conta moito, os cales lles explicaron aos nenos cousas relacionadas co Dia das Letras Galegas. Ademais no Salón de Plenos do Concello tivo lugar paralelamente unha conferencia de Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e autor do libro “Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro”. Ao finalizar a conferencia ex-membros de Abrente e membros de Teatro do Vilar fixeron unha lectura dramatizada de textos de Vidal Bolaño.

Marisa Irimia contou un conto doutro lugar localizado na cidade de Medina.
O protagonista principal do conto foi un neno que se chamaba Salim e segundo avanzaba a historia ían aparecendo personaxes do interior dunha caixa vermella: unha ra, un dragón, unha serpe; e tamén obxectos como unha perruca e algúns instrumentos musicais exóticos.
Mediante este conto os nenos adentráronse noutro lugar e cultura, establecéndose comparacións entre as diferentes formas de vida duns lugares a outros con costumes e culturas moi diferentes ás nosas.
Os nenos de 1º e 2º de Primaria do CEIP Tomás de Lemos de Ribadavia asistiron para celebrar o Dia do Libro a unha sesión de contacontos titulada “Contacontos de libros contentos” que Carmen Domech de Títeres Cachirulo levou a cabo no escenario do Auditorio da Casa da Cultura, xa que na sala infantil da Biblioteca non cabían, dentro do programa Ler conta moito e para conmemorar o Dia do Libro. Ao rematar a actividade fixemos un sorteo de libros e camisetas merchandising do María Moliner. Os nenos pasárono de maravilla cos seus contos, dalgúns libros saía lume, doutros auga e incluso había algún parlanchín.
Previamente a asistir ao contacontos visitaron a exposición da Biblioteca que neste mes de abril adicou a coñecer a colección local de Ribadavia. Alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º asistiron ademais a unha proxeción audiovisual sobre historia e arte de Ribadavia. Estas son algunhas fotos:
Uns 130 nenos de Educación Infantil e do CRA Amencer asistiron o 25 de abril ao contacontos “O aviador” da compañía Elefante Elegante dentro do programa Ler conta moito, para celebrar con nos o Dia do Libro. O contacontos levouse a cabo no auditorio da Casa da Cultura, onde está situada tamén a biblioteca e foi moi ameno e interactivo cos nenos, misturando unha curuxa de monicreque e teatro de sombras.
O 23 de abril celebouse o “Día Mundial do Libro” co obxectivo de promover a lectura e a industria editorial.
Para conmemorar esta data, a Biblioteca Pública Municipal do Grove acolleu un espectáculo de monicreques subvencionado polo Programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.
Alicia no País das Marabillas a cargo de Titeres Cachirulo
A Biblioteca Pública Municipal do Grove celebrou o Día do Libro na tarde do 23 de abril, cunha representación de “Alicia no País das Marabillas” a cargo da compañía Títeres Cachirulo. Fantástica recreación para marionetas do espectáculo baseada no relato de Lewis Carroll Alice’s Adventures in Wonderland.
Conducidos polo Coello Branco, seguimos con expectación as aventuras da pequena Alicia nese mundo onírico e fantástico que late debaixo da terra. Alí merendamos coa Lebre de Marzo, o Sombreireiro Louco e o Leirón. Xogamos ao cricket coa Raíña de Corazóns e… coidado Alicia! estás a medrar de novo e caeremos todos polo chan!

Os nenos e nenas do Grove, acompañados de numerosos maiores, tiveron a oportunidade de asistir a este entretido espectáculo e pasárono en grande coas aventuras de Alicia e o coello branco nunha tarde amena e divertida. Ao rematar a actividade, os asistentes amosaron a súa satisfacción co desenvolvemento espectáculo, ademais de amosar o seu interese polas actividades programadas para os vindeiros días.

Bea Campos e David, de Migallas Teatro viñeron á Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo para que os bebés compartisen cos seus acompañantes un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns.
Comezaron agasallándonos cun precioso ramo de flores e a canción do Alecrín, a flor do toxo. Máis tarde cantaron a canción de benvida de Arrolos.
Bea contounos a súa versión do conto clásico dos tres osiños acompañada da música do acordeón e a feroz voz de David. Logo contáronnos a magnífica e colorista historia dos animais.


Séguenos