Xardín Desordenado e o seu espectáculo “Manuel María entre amigos” na Biblioteca Ágora
A estupenda actuación do grupo musical Xardín Desordenado tivo lugar no marco da celebración do Dia das Letras Galegas e da colaboración da Biblioteca Municipal Ágora da Coruña co grupo Dado, que engloba aos clubes de lectura de varios centros de ensino secundario da cidade. Máis de 250 rapaces/zas e os/as seus/súas profesores/as xuntáronse para escoitar as cancións de tres dos compoñentes deste grupo especializado na poesía galega. As voces de Marlene e Santiago, a magnífica guitarra de Isaac Garabatos, e as intervencións de Santiago Ferragud, fiando textos, destacando os elementos fundamentais dos poemas, fixéronse cun auditorio que gozou da música da palabra e da poesía que explica, reivindica e serve para emocionar e comunicar. Elixiron poemas de Manuel María, por suposto, pero tamén de Fernán Vello, Xosé Cáccamo, Olga Novo, Carmen Kruckenberg… Tralo concierto, gala de entrega aos premios do concurso de videos de recomendacións de lectura feitos polos/as alumnos/as.
Séguenos