“BRINCADEIRAS DA LINGUA” De Migallas Teatro
O luns 16 festexamos as letras galegas coa actuación de Migallas Teatro e “Brinacadeiras de lingua”. Tarde divertida para nenos/nas e adultos.
O luns 16 festexamos as letras galegas coa actuación de Migallas Teatro e “Brinacadeiras de lingua”. Tarde divertida para nenos/nas e adultos.
Comezamos a programación de Ler conta moito 2022, coa visita de Xoán Curiel. Celebramos o día das Letras Galegas por todo o alto cantando e bailando con Xoán !! A cativada desfrutou moito en compañía dos seus Mestres e persoal da biblioteca. Grazas Xoán pola túa visita e implicación!
Para celebrar as Letras Galegas, visitou a nosa BPM do Grilo-Cacheiras Xarope Tulú con “María e os ollos alabarados” . Tomando como base textos e relatos de Maria Victoria Moreno desfrutamos dunha tarde de contos e anécdotas da homenaxeada neste ano.
Dentro das actividades da Semana das Letras, visitounos Larraitz para facer un repaso a algúns dos contos de Carlos Casares. Así, pola Biblioteca do Grilo pasaron Toribio, a Galiña Azul e unha chea de persoaxes saidos da mente do homenaxeado este ano na Letras. Pero tamén houbo baile, participación e sorpresas, como unhas laranxas moi especiais…
A xornada anterior ó Día das Letras Galegas a TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chegou á biblioteca dos Tilos, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala… Anxo Moure levou ás nenas e os nenos de viaxe a mundos fantásticos, na procura da paz. As persoas que asistiron desfrutaron dunha tarde fermosa de contos na nosa lingua e de historias de todo o mundo.
Con motivo da designación de Carlos Casares como autor do Día das Letras Galegas 2017, Xardin Desordenado deu un concerto na Biblioteca Fórum Metropolitano da Coruña, cun programa confeccionado para renderlle homenaxe, no que se inclúen cancións con diversos textos do autor.
Esta actividade formaba parte do Ciclo temático “De acordes“, que entre o 1 de abril e o 30 de xuño, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano temos unha mostra bibliográfica relacionada coa música.
Para rematar os actos de conmemoración sa Semana das Letras Galegas no Concello de Teo, contamos con Soledad Felloza que trouxo as palabras de Manuel María ó noso centro para desfrute de toda a xente que se achegou
Séguenos