10/07/2018
Día 6 de xullo de 2018 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Preparámonos para unha actividade para despertar a nosa creatividade para as vacacións con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
Obradoiro de minicontos,
grandes historias en formato pequeno
da man de Patricia de O faiado de Nin
o 6 de xullo, ás 12:00 na sala infantil
Mentres faciamos tempo para a hora, estivemos vendo algúns libros que teñen o mesmo formato que o que iamos crear no obradoiro, como ¡¡¡Socorro!!!, A neve, ou O parque de atraccións, entre outros.
Chegada a hora, comezamos pensando uns personaxes, e o que lles ía acontecer ó longo da nosa historia. Para iso contamos coa guía que nos deu Patricia para decidir o título do noso conto, as esceas que ía ter,… 
Pouco a pouco foron nacendo as nosas historias:

Tivemos títulos tan variados como orixinais: Unha vaca na nevera, O cabalo malo, Lucía é especial, O can do nariz vermello, O dragón de lume, O touro tolo,…

Para rematar, fixemos unha foto conxunta cos traballos feitos.

Para seguir traballando na casa aínda nos quedaba a parte de atrás do noso miniconto. Pero o máis importante é que aprendemos a crear os nosos propios minicontos, e poderemos facer cantos nos apeteza aproveitando as vacacións!
Séguenos