“O faiado de Nin” na Biblioteca Municipal de Lugo
O pasado día 5 de xullo os nosos lectores poideron participar no Obradoiro de Bolsas/mochilas para lectores impartido por O Faiado de Nin.
Cada participante elixiu un modelo e cor de bolsa ou mochila no que plasmar o seu deseño relacionado cos libros e a lectura.
O resultado foron uns preciosos modelos nos que poderán levar os seus libros este verán.