11F: Unha data importante na formación docente

23. Febreiro 2022 Medios

O día 11 de febreiro está recoñecido como o “Día internacional da muller e a nena na Ciencia”, unha iniciativa con dos obxectivos moi importantes:

-Obxectivo 1: Visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM ( Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando así referentes femininos para a infancia que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais.

-Obxectivo 2: Coñecer os diferentes factores que afectan á situación actual da muller nas áreas STEM para fomentar prácticas que conduzan á súa eliminación e alcanzar a igualdade de xénero no ámbito científico.

Dende o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) desenvolvemos o noso traballo diario tendo ben presente o impulso dos referentes femininos próximos e lonxanos tentando que a fenda de xénero sexa cada vez máis pequena. Tendo esta idea sempre presente, fixemos unha campaña nas nosas redes sociais: Twitter, Instagram e Facebook visibilizando o traballo de 24 mulleres investigadoras galegas.

 

1.Celia Brañas Fernández
2.Elena Vázquez Abal
3.Eugenia Pereira Rodríguez
4.Manuela Camino
5.Maria José Alonso Fernández
6.Africa González Fernández
7.Alicia Estevez Toranzo
8.Ángela Ruíz Robles
9.Ángeles Alvariño González
10.Antonia Ferrín Moreiras
11.Begoña Vila Costa
12.Elisa e Jimena Fernández de la Vega
13.Elisa Patiño Meléndez
14.Ernestina Otero Sestelo
15.Inés Rodriguez
16.Isabel Cendal
17.Isabel de Barreto de Castro
18.Josefina Ling Ling
19.Manuela Barreiro Picó
20.María Wonenburger Planells
21.Marisol Soengas González
22.Olimpia Valencia
23.Rebeca Atienza
24.Vanessa Valdeiglesias

 

A nosa idea era que cada hora aparecera unha publicación ca información e imaxe do referente asociada a unha das nosas actividades formativas que hipotéticamente escollería do noso plan anual de formación. O formato dixital escollido é un vídeo de curta duración ca información mínima para permitir identificar a nosa protagonista e a actividade.

Coñécelas?