Pingas de innovación

As microaprendizaxes son propostas formativas cun concepto moi puntual, moi focalizado, pero cunha forte continuidade temporal xa que poden ser consultadas ou revisadas pola persoa en calquera momento. Baséanse nunha aprendizaxe autónoma e autoregulada que enche os balerios persoais de cada docente e ocupan pouco tempo, aproveitando así anacos entre outras actividades profesionais, familiares ou sociais.

Non estamos a falar de cursos nin de propostas certificadas ou con recoñecemento oficial, xa que as persoas que queren formarse nun determinado campo moi específico acostuman adoitar  aprendizaxes por afección, afondando nun determinado campo temático ou coñecemento que non vaian acompañados de condicións temporais, entregas ou traballos relacionados.

 

Que son as pingas?

Son pequenas formacións, moi sinxelas que pretenden achegar coñecementos de xeito non formal, nun formato atractivo e cunha dose de contido breve e reducido que permite seguir investigando e formándose noutras modalidades ofertadas polos centros de formación e a Consellería.

 A pinga ten como características propias:-Variedade amosando contidos diversos.

  • Granularidade focalizando en aspectos puntuais.
  • Tecnolóxica apoiada en ferramentas dixitais.
  • Brevidade cun investimento de tempo moderado.

Que finalidade teñen as pingas?

A pinga é unha pequena unidade de aprendizaxe que lles pretende achegar información específica aos docentes interesados, amosando de forma moi visual e compacta os contidos. A combinación de pingas formará un roteiro de aprendizaxe onde o  o docente irá escollendo as temáticas preferentes abrindo o seu espazo persoal de aprendizaxe.

En que consiste unha pinga?

O seu aspecto aseméllase a un microsite ou pequena web, cunha navegación sinxela amosando dunha ollada todos os contidos propostos. Aparecerán obxectos de aprendizaxe en diferentes formatos, todos cun atractivo visual e estilo sinxelo, podendo ser vídeos, presentacións, infografías ou imaxes interactivas con contido extra. A información textual tamén está incluída, conformada por textos pequenos e concentrados na temática que hai que tratar. 

Como complemento da información principal poderás atopar ligazóns activas a páxinas e material complementario para a súa posterior consulta.

A quen van dirixidas?

O publico meta son os docentes de calquera nivel educativo e de calquera materia interesados na proposta que dispoña dun pequeno anaco de tempo para revisala. A súa diseminación incluirá o espazo social artellado nas redes sociais.

Iniciamos a secuencia de pingas coa primeira delas,Galician Code, unha proposta para iniciarse no mundo da programación dende Agueiro. Preme na imaxe para despregar a proposta.

Galician code (preme na imaxe)

Estamos abertos a posibles suxestións para dar soporte a outras pingas que axuden aos docentes na súa práctica educativa diaria.