E agora …. desconexión

Non é un adeus, é un ata logo, iniciamos un período de desconexión dixital moi necesaria para seguir traballando con forza. Pechamos portas e abrimos xanelas a novos aires formativos. Pechamos un ciclo, co plan de formación do curso 2020.-2021 cheo de cambios, problemas, solucións e intencións renovadas e abrimos outro novo cun completo plan para o curso 2021-2022.

Desde Aula  Nova seguiremos traballando na mellora da práctica educativa desde a perspectiva  STEM/ STEAM, o  potenciamiento da cultura maker apoiada na tecnoloxía e na transformación de espazos formativos e educativos. Agardamos que xa de forma física pero mantendo algunhas opcións na rede e respectando as medidas sanitarias.

Esperamos que as actividades fosen inspiradoras, prácticas e proveitosas para as vosas aulas e alumnado, na nosa seguinte etapa seguiremos co rumbo que nos marcabamos desde xaneiro e propoñerémosvos uns itinerarios formativos cada vez máis completos e específicos que esperamos sexan ben acollidos.

Agora iniciamos un pequeno descanso para repoñer forzas, liberar a mente e afrontar novos retos educativos cheos de ilusións compartidas. En setembro compartirémosvos unha planificación completa para que poidades deseñar a vosa formación con tempo e adecuada ás vosas necesidades.

Deixámosvos o novo Plan anual de formación para revisar, lembrade que podedes inscribirvos nas actividades no programa  FProfe.

 

Feliz descanso!

Etiquetas

, ,