Tecnoloxía e creación maker 2ª edición S2102045

22. Decembro 2021 Formación/Eventos

Neste pasado mes de novembro desenvolveuse a actividade formativa S2102045 Tecnoloxía e creación maker, foi a segunda edición coa participación de 4 interesantes poñentes que abordaron temas relacionados ca tecnoloxía e co mundo maker nun format de xornadas virtuais, cada unha delas co seu estilo persoal e amosando as súas liñas traballo actuais. Esta actividade, impulsada dende Aula Nova, pretende ser un foro de ideas, proxectos e inquedanzas que sirvan de base a novos aprendizaxes. Este é o trailer das xornadas:

O programa das xornadas foi o seguinte, cada unha das sesións están recollidas nunha gravación da videochamada para a súa revisión posterior.

Sesión 1: 05/112/2021 (17.00-19.00 horas)

Tecnoloxía e creación maker con Patricia Heredia Gil (ValPat STEM) @pherediagil

Sesión 2: 12/11/2021 (17.00-19.00 horas)

Tecnoloxía e creación maker con Luz Castro Pena (Facultade de Informática Universidade de A Coruña) @luz_castro

Sesión 3: 17/11/2021 (18.00-20.00 horas)

Tecnoloxía e creación maker con Margarita López Periago (IES Perdouro) @margaperi

Sesión 4: 26/11/2021 17.00-19.00 horas)

Tecnoloxía e creación maker con Nuria Prieto Pinedo (CERT Universidade Carlos III) @nuria_imeq

Agradecemos a Patricia, Luz, Marga, Isabel e Nuria a súa participación e grandes aportes, vémonos na terceira edición, seguide argallando.

Etiquetas

,