11F: Unha data importante na formación docente
O día 11 de febreiro está recoñecido como o “Día internacional da muller e a nena na Ciencia”, unha iniciativa con dos obxectivos moi importantes:
-Obxectivo 1: Visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM ( Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando así referentes femininos para a infancia que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais.



-Obxectivo 2: Coñecer os diferentes factores que afectan á situación actual da muller nas áreas STEM para fomentar prácticas que conduzan á súa eliminación e alcanzar a igualdade de xénero no ámbito científico.
Dende o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) desenvolvemos o noso traballo diario tendo ben presente o impulso dos referentes femininos próximos e lonxanos tentando que a fenda de xénero sexa cada vez máis pequena. Tendo esta idea sempre presente, fixemos unha campaña nas nosas redes sociais: Twitter, Instagram e Facebook visibilizando o traballo de 24 mulleres investigadoras galegas.
| 1.Celia Brañas Fernández |
| 2.Elena Vázquez Abal |
| 3.Eugenia Pereira Rodríguez |
| 4.Manuela Camino |
| 5.Maria José Alonso Fernández |
| 6.Africa González Fernández |
| 7.Alicia Estevez Toranzo |
| 8.Ángela Ruíz Robles |
| 9.Ángeles Alvariño González |
| 10.Antonia Ferrín Moreiras |
| 11.Begoña Vila Costa |
| 12.Elisa e Jimena Fernández de la Vega |
| 13.Elisa Patiño Meléndez |
| 14.Ernestina Otero Sestelo |
| 15.Inés Rodriguez |
| 16.Isabel Cendal |
| 17.Isabel de Barreto de Castro |
| 18.Josefina Ling Ling |
| 19.Manuela Barreiro Picó |
| 20.María Wonenburger Planells |
| 21.Marisol Soengas González |
| 22.Olimpia Valencia |
| 23.Rebeca Atienza |
| 24.Vanessa Valdeiglesias |
A nosa idea era que cada hora aparecera unha publicación ca información e imaxe do referente asociada a unha das nosas actividades formativas que hipotéticamente escollería do noso plan anual de formación. O formato dixital escollido é un vídeo de curta duración ca información mínima para permitir identificar a nosa protagonista e a actividade.

Coñécelas?
