Pensamento computacional
Estes días tivemos unha visita especial, durante tres xornadas estivo connosco un grupo de 15 inspectores educativos que están a colaborar no proxecto Erasmus K226 Computational thinking in the #Covid_19 con participantes de Turquía, Grecia, Bulgaria e da Consellería de Cultura, Educación e Universidades.
Traballaron nas nosas aulas, observaron os novos espazos formativos e asistiron a unha visita guiada por Aula Nova para coñecer de xeito pormenorizado a formación dos docentes galegos, sobre todo na área STEM/STEAM e o contacto ca cultura maker. Comentámoslles as nosas zonas de traballo, os itinerarios que forman parte o Plan Anual, o deseño dos nosos kits de actividades e os de préstamo, así como da difusión das nosas actividades diarias a través das canles do Centro de Formación.
Outra información importante foi sobre as estructuras de formación en Galicia, o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e a convocatoria innovadora dos Polos Creativos.
O pensamento computacional é “o proceso de pensamento que intervén na formulación dos problemas e as súas solucións, de maneira que as solucións represéntense de forma que poida ser realizada por un procesador de información” (Cuny, Snyder e Wing, 2010). Desta maneira, se parte dun problema, descomponse en pequenas partes e téntase dar solución a todas elas aplicando ferramentas e técnicas relacionadas coa informática e a tecnoloxía.
Podemos resumir as características deste tipo de pensamento en seis puntos:
- -Formular problemas
- -Abstraer a información relevante
- -Deseñar algoritmos para chegar á solución
- -Descompoñer datos e procesos
- -Simular modelos das solucións
- -Implementar os modelos para comprobar a súa efectividade.
O pensamento computacional pode ser aplicado na vida diaria pero para este grupo de expertos o importante é empregalo na aula por aportar unha serie de ventaxas para o alumnado como son:
-Traballar o razonamento lóxico.
-Desenvolver o pensamento crítico.
-Potenciar a creatividade.
-Impulsar o traballo en grupo o equipo.
Non é o mesmo o pensamento computacional que a programación aunque as veces poidan parecer a mesma cousa xa que comparten procesos cognitivos parecidos pero temos que ter presente que a programación é unha das ferramentas que podemos escoller para introducir o pensamento computacional.