O pasado xoves 28 de abril os alumnos/as de 3º ESO realizaron unha excursión a Arxeriz onde visitamos o Ecomuseo, o Pazo e o Castro. O obxectivo era coñecer un pouquiño máis a Ribeira Sacra… e conseguímolo!! Ao chegar ao Ecomuseo fomos recibidos por Mar e Sonia que nos explicaron como se vivía nesa zona ...
O alumnado do IES Beade xa realizou o traballo de campo, tomando distintas medidas sobre os hórreos e entrevistando aos donos. Vos deixamos uns pequenos exemplos.
Como actividade de centro na semana da prensa fixemos un xornal sobre o Camiño de Santiago, para iso recompilamos todas as noticias que ata hoxe falaban do Camiño e tamén outros documentos de interese. Grazas a todas as familias pola súa colaboración!!!
No IES Poeta Díaz Castro estamos a desenvolver un proxecto para descubrir e valorar a nosa biodiversidade como un patrimonio natural, nesta ocasión, cun proxecto europeo eTwinning: Cadea de hoteis de insectos, cuxo TwinSpace recolle toda a información da actividade levada a cabo. Nesta ligazón podedes acceder á primeira descrición, neste medio, do noso proxecto. ...
Os alumnos de 6º de Educación Primaria despois de facer un estudo do Camiño Portugués, gravaron un vídeo explicando todo o seu traballo. Enlace ao vídeo da actividade: https://drive.google.com/file/d/1FB3anwIg8_sl9EWDsg1YeNgTRqV38MsH/view?usp=sharing
Os alumnos de 1º de Educación Primaria fixeron dous traballos sobre o peregrino e a historia do camiño. En primeiro lugar fixeron unha comparativa entre a indumentaria do peregrino do pasado coa que usa hoxe en día, buscando información e mostrando todos os materiais na aula. Enlace á infografía “O peregrino antes e agora”: https://drive.google.com/file/d/1rJPw2xAiFvwlo43tV92IfceE8fSj8Ymq/view?usp=sharing ...
Este segundo trimestre comezamos tomando decisións sobre o noso proxecto “Xeolocalizando e Guiando o Noso Camiño”, enmarcado no Plan Proxecta “Educación Patrimonial: Mirando polo Camiño”. Decidiuse analizar os coñecementos que o alumnado doutras familias profesionais do centro tiña sobre o Camiño inglés, facendo participes nun Kahoot a todos os grupos do centro. (Xaneiro – Febreiro) ...
O alumnado de 3º ESO que cursa a materia de Francés II lingua estranxeira, realizou un traballo na aula onde se comparou a olaría tradicional de Gundivós cunha olaría tradicional do norte de Francia. Con este fin, realizouse unha pesquisa para coñecer a alfarería tradicional de Gèr, unha aldea duns 80 habitantes que se atopa ...
Versión dixital do caderno de campo que o alumnado do IES Beade empregará na súa investigación sobre os hórreos da parroquia https://www.calameo.com/read/006124175a240dbb6d520