Creatividade literaria con Luis Vallecillo no club xuvenil da Axencia de Lectura Municipal de Chapela
O 14 de Maio, e como xeito de celebración do Día das Letras Galegas, celebramos co noso Club xuvenil de lectura o obradoiro de creatividade literariada man do compositor e titiriteiro Luis Vallecillo.
Luis faloulles da capacidade innata que todos temos para crear historias e para sacarlle partido á nosa imaxinación, e estableceu con eles algúns modos de facer para conducir a creación dun conto, dun guión, unha canción, un poema…
Os nosos novos creadores escolleron facer un conto, e xuntos elaboraron as bases dunha historia que, pouco a pouco, poderá ser matizada, retocada e perfilada por cada un deles, engadíndolles o seu toque, os seus detalles, e amoldándoa para facela máis atractiva ao gusto de cada un.
Ver máis neste enlace ao Blog das Bibliotecas de Redondela.