Contacontos de libros contentos na Biblioteca “Manuel Maria” de Oleiros
A tarde do 24 de setembro a contadora Carmen Domech divertíunos co seu espectáculo “Contacontos de libros contentos”. A artista mantivo o interés do público asistente con moita maestría e dominio das técnicas narrativas.
Os destinatarios directos da actividade eran xente miudiña de idades entre tres e seis anos, estes miraban abraiados os diversos “trebellos” que acompañaban a Carmen Domech na súa narración. Ela foi que de manter o interés nun grupo moi heteroxéneo e tamén de “pillar” a atención dos adultos acompañantes. Ao remate falou e comentou con todos a feitura dos elementos empregados na actividade, todos eles de feitura exclusiva da artista.