O pasado xoves, 5 de Xuño, tivemos a visita da Asociación Garabullo na Biblioteca de Darbo. Desfrutamos moito co seu espectáculo de monicreques, “Unha pinga de mel”, co cal aprendemos cousas moi interesantes do mundo das abellas e ó rematar tivemos un obradoiro de creación de velas moi divertido.
O pasado Xoves 5 de Xuño dende ás 11:00 horas tivemos con nos Sala de Lectura de BIBLIOPAZOS a actividade de animación á lectura “A CIENCIA É DIVERTIDA” con Ana Romero Porto “Nita”.
Participaron case 50 alumnos de Educación Infantil do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos de Borbén con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos.
A 1ª sesión foi de 11:00 a 12:00 horas cos alumnos de 3/4 anos; e a 2ª sesión de 13:00 a 14:00 horas cos alumnos de 5/6 anos.
Misturando a ciencia e a narración de varios contos foron realizándose varios experimentos con utensilios da vida cotiá, moi sinxelos, que serviron para fomentar a aprendizaxe mediante a manipulación e a observación.
Os asistentes quedaron asombrados vendo como se inchaba un globo sen aire, cómo se enchía un vaso de auga e ao poñerlle unha carta facendo de tapón a auga non caía, como a partir duns escarbadentes se formaban estrelas…
Este foi o resultado.
Que boa tarde pasamos contando historias de familias distintas, especias, raras, … pero cheas de amor. Con unha narración áxil, lixeira e teatralizada Larraitz nos fixo rir e disfrutar duns contos rebosantes de cariño.

Larraitz con Babamor en Fene

O pasado día 31 de maio, estivo Carmen Domech na Biblioteca Pública de Riveira coa obra “Contacontos de libros contentos”. A actuación durou pouco máis de unha hora e estivo moi animada. Asistiron uns 30 nenos e 15 maiores que o pasaron moi ben como se viu pola súa reacción e os comenntarios feitos á autora. Carmen tamén valorou ben a actuación

O pasado venres, na biblioteca municipal, a ratiña Lili presentounos un menú moi apetitoso acompañado de contos e historias que encantaron a todos os nenos, nenas e pais que alí se atopaban.
O venres 30 de maio na ALM de Os Tilos (Teo) estivemos de merenda con Migallas Teatro. Presentáronnos “Merenda con pan de millo” que é un espectáculo de pequeno baseado no Libro-disco Pan de millo, editado pla Editorial Kalandraka . Nel combinan cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío conductor. Os temas musicales que se interpretan son: “Pinocho”, Pan de millo, O piollo e a pulga “Unha vella tiña un can”, “Que cousa, cousiña é?” e “Miña “Abuela Manuela”. A música está grabada (toca unha banda de pulgas) pero as voces solistas son en directo. Está pensado para público a partir de dous anos. O local estivo a cheo como podedes comprobar e pasámolo en grande.
O sábado, 31 de maio, tivemos na biblioteca de Xermade unha sesión de contos dirixido a bebés de 0 a 3 anos. Nesta sesión os bebés tiveron un primeiro contacto coa palabra, coa oralidade e cos libros. Os pais e nais desfrutaron introducindo aos máis pequenos no mundo da lectura e dos libros.
Houbo contos de formigas, contos con sombras, contos con pompas de xabrón e con outros obxectos sonoros que os bebés poideron manipular despois de rematar a sesión.


Séguenos