Charo Pita mediante palabras, trabalinguas, contos, algún silencio, xogos, cancións arrolantes e sons sorprendentes conseguiu atrapar a atención de nenos e pais.
O sábado 4 de outubro Trinketrinke Teatro no espetáculo teatral “Non máis guerra” acadou o obxetivo de fomentar valores como a paz e fomentar o uso da biblioteca e a lectura a través deste divertido, musical e participativo contacontos teatral.

O venres, 10 de outubro, a compañía de teatro Elefante Elegante levou o seu espectáculo “O aviador” á Biblioteca de Nós.
Un aviador que recorría o mundo fíxose amigo dun moucho ao que lle molestaba a luz do sol. Entre os dous intentaron buscar unha solución axudados polo seu amigo o vento.
Luz, escuridade, sombras chinesas. Todo un espectáculo de luces e sombras que non deixou indiferente a ninguén.

O venres, 10 de outubro, Teatro Garabullo fixo unha parada na biblioteca de Mera (Oleiros) e deleitounos co seu espectáculo de monicreques para a concienciación ambiental “Unha pinga de mel”. Unha viaxe polo mundo das abellas chea de sorpresas, gargalladas e aventuras que gustou ao público e foi moi didáctica. A función rematou cun pequeno obradoiro no que cada participante fixo a súa propia candea.
O venres 10 de outubro a Biblioteca Pública de Valdoviño retomou o programa de “Contacontos os Venres” que pechou no mes de maio pasado con gran afluencia de publico familiar. Froito da casualidade o programa pechou coa posta en escena de “Xigantes” da compañía Miro Magariños e abre coa mesma compañía poñendo en escena “Merlos”, un espectáculo moi atractivo e moi tenro cr
eado para público de curta idade.

O día 9 de outubro, recibimos na nosa biblioteca a Pablísimo, quen nos contou , cantou e encantou con contos de rás e sapos, príncipes e princesas. Durante os 40 minutos que durou a sesión pequenos e maiores desfrutamos e participamos activamente da súa actuación.
O xoves, 9 de outubro na Biblioteca de Lorbé, descubrimos moitas cousas sobre os fósiles e os dinosarios, gracias a Maumarela, que nos amosou como xorden os fósiles, que son e como é o traballo dos paleontólogos. Todo iso na primeira parte da actividade, na segunda, a máis divertida, creamos os nosos propios fósiles, dous, un o rematamos na biblio, pero polo outro hai que esperar, tres días e o romperémolo molde atopando unha sorpresa.
O mércores oito de outubro celebramos na axencia de Lectura de Guillade unha sesión de contacontos con Expresións Producións. Os nenos e o os papas permaneceron moi atentos a actividade e colaboraron na representación improvisada dun conto coas personaxes de dragón, gato, princesa, páxaro….



Gozamos dun obradoiro de ilustración con María Lires, a temática elixida foron os animais, mentres María debuxaba nunha pizarra unha xirafa xigante os nenos facian o mesmo co seu animal favorito nos seus respectivos folios.
A actividade tivo unha duración aproximada de 80 minutos.
O pasado día 1 de outubro , a rapazada da Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande”, participou activamente na actividade levada a cabo con Eduvía. A través do xogo fixeron un repaso das distintas linguas do noso planeta.


Séguenos