Obradoiro de manga (BD xaponesa). GOCHI na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo, de Cambre


Obradoiro de iniciación ao manga (BD xaponesa).
GoChi comeza definido o manga e da unha visión xeral deste tipo de publicacións no pais de orixe: Xapón.
A través de diferentes vídeos mostra os distintos estudios de traballo dos “mangacas”, comentando o proceso de creación desde que se inicia ata a publicación final, pasando polo coloreado e tramado de cada páxina. Trátase dun traballo en cadea, onde cada persoa ten o seu cometido. En cada estudio hai un debuxante xefe e unha serie de asistentes, cuxo número depende da categoría do debuxante.
Descúbrenos que os creadores de manga realizan un traballo moi tradicional, moi manual, sen procesos dixitais.
Mostra tamén en vivo os diferentes tipos de materiais, plumas, rotuladores e pinceis, que se utilizan en cada parte do proceso gráfico.
Destácanos a importancia das tramas, e de cómo a súa utilización se convirte en moitos casos nun proceso de gran virtuosismo.
Vai reseñando unha serie de nomes que se consideran os grandes do manga: Tanigochi, Akira Toriyana, creador de Dragon Ball, Takeito Inoue, etc.
A última parte do obradoiro ten un carácter máis práctico, coa creación de personaxes, sobre o que nos da unhas claves que resultan moi útiles.
A avaliación do obradoiro por parte dos participantes resultou excelente e no seu conxunto valorada como moi interesante.





Con motivo da celebración do Día do Libro na Biblioteca Municipal de Vilalba recibimos ao rato Fuco, que veu dende Lonxedetodo a cantar, xogar e contarnos o contos de “Riciños de Ouro”, e outras historias. Donde todos os nenos, nenas e maiores participaron activamente da actividade.








mentras preparaban un menú moi especial.












Séguenos