LEO LEIÑO CON “MAXIA E HUMOR-ENTRE LIBROS ANDA A MAXIA” NA BIBLIOTECA DE A RÚA
O sábado 14 de maio LEO LEIÑO visitou a Biblioteca Pública Municipal de A Rúa coa actividade “Maxia e humor. Entre libros anda a maxia”. Achegáronse a biblioteca moitos nenos acompañados por papás e tamén algún avó. Tanto os nenos coma os grandes gozaron dos diversos números de maxia e historias , entre elas a de “Vermelliña”, que fixeron a ledicia de todos os asistentes. Os nenos prestáronse encantados como axudantes de maga para realizar algúns trucos: o canciño branco, a fonte , o abano, …. Unha mamá tamén se ofreceu voluntaria para o número do “anel”. Todos saíron encantados da función.

















OQO realizou un obradoiro na Biblioteca de Betanzos, o 14 de maio, onde os nenos/as fixeron os personaxes dos seus contos preferidos con masa de pan


Séguenos