“Arte nos libros-Luis Seoane” Vilar de Barrio

O 7 de abril, ás 18:30 apareceu un “friame” dentro da nosa biblioteca. Inmediatamente chamamos ó equipo de investigación de “Biotecnólogos na Biblioteca” para que tomaran cartas no asunto e aclararan o caso utilizando modernas técnicas de investigación. Despois de arduas tarefas onde os rapaces tiveron que familiarizarse con novísimas formas de investigación, descubriron ó culpable que, como era de esperar, non andaba moi lonxe.
Unha actividade moi divertida onde os nenos participantes pasárono en grande 🙂


O venres 7 de abril, os nenos de Vimianzo gozaron dun concerto con diferentes tipos de instrumentos e música de países como Brasil, Cuba, Xamaica, Estados Unidos.. grazas as aventuras dunha bolboreta moi musical.
Tódolos nenos cantaron e bailaron de aquí para alá ó son da música nun espectáculo moi participativo
O luns día 10 de abril a compañía Migallas Teatro visitou a Biblioteca Pública municipal de Abegondo, ofrecéndonos o espectáculo tan divertido: Canta connosco! As nenas e nenos alí asistentes e tamén os seus pais disfrutaron en grande e participaron animando activamente aos grandísimos profesionais que conforman o grupo Migallas Teatro.
Noraboa Migallas, e grazas pola grandísima actuación.
Ata a próxima!!!!
A Casiña de Carton 10/04/2017
O día 10 de abril continuamos divertindonos e participando coa obra ” A Casiña de Cartón” de Animar-T, cantamos, xogamos e vivimos unha aventura na casiña de cartón.


O luns 10 de abril visitounos na B.P.M. El Viejo Pancho, Sole Felloza co seu espectáculo “Calendario de contos”.
Comezou con puntualidade e durou unha hora. Contou catro historias que articulou arredor do conto “Bailar nas nubes” interactuando moito con os pícaros e resultando moi amena e divertida.
A calidade do espectáculo, o nivel de asistencia e os comentarios que nos fixo o público fan que a valoración que facemos da mesma sexa moi positiva.
O sábado día 8 de abril, os máis pequenos gozaron da música cun concerto protagonizado polo grupo Pirilampo, na Alameda Rosalía de Castro de Marín. A formación está integrada por dúas voces, flauta travesera, acordeón, guitarra, percusión, batería, baixo e gaita.

Marín

Cris de Caldas chegou o sábado moi ben acompañada ata a Axencia de lectura de San Vicente
A través de A galiña azul, realizou unha explicación amena do seu autor, Carlos Casares, e do que significan as Letras galegas. A galiña azul viña con moitas sorpresas para darnos a coñecer outras obras de Casares e algúns contos de tradición.

Despois da sesión de contos, desenvolveuse un obradoiro no cal participaron grandes e pequenos. Para que a obra de Casares perdure no tempo, máis aló do seu día.




O venres 7 de abril, comezamos na Biblioteca Municipal de Padrón as celebracións do Mes do Libro cunha actividade creativa da man de Pedras. Artesania e Patrimonio
O pasado venres día 7 de abril, apareceron pola Biblioteca Municipal de Ares, o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa….
Fonron moi divertidos , estiveron contando unha historia sobre o chocolate e o xeito de facelo máis saboroso.
Cando remataron o contacontos entre todos fixemos un obradoiro de chocolate e froitas que comimos de merenda.



Séguenos