A MAXIA DE CARLOS CASARES EN SANTISO
O pasado venres 12 de maio co gallo da proximidade da conmemoración do día das letras galegas, visitou a nosa axencia de Lectura o mago Martín Camiña cargado e ilusión e maxia das obras de Carlos Casares.
O pasado venres 12 de maio co gallo da proximidade da conmemoración do día das letras galegas, visitou a nosa axencia de Lectura o mago Martín Camiña cargado e ilusión e maxia das obras de Carlos Casares.

Bebecontos de Choupiña e Trastón: contamos cos sentidos.
O pasado venres 12 de maio, realizaron este contacontos no PAI de Boimorto no que deleitaron os/as usuarios/as ca súas nanas, cantos, poemas, etc
O pasado día 08-05-2017 o mago Martín Camiña realizou na BPM de Irixoa a actuación “As maxias máis máxicas de tódalas maxías. A Maxia de Carlos Casares. A través da maxia achegoulles aos participantes a vida e obra de Carlos Casares. Desde o Vento ferido ata O sol do verán, pasando por As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, viron unha trama tecida na arte do encantamento das palabras de Carlos Casares.




Con motivo do Día das Letras Galegas, estivo na Axencia de Lectura de Vilasantar, Lisístrata, Contanto en feminino, para todos os nenos do Concello.

O xoves 11 de maio O Mago Paco trouxo a diversión, a maxia e a paixón polos libros a través do seu espectáculo no que os máis pequenos puderon participar como beber auga de cores soprar e un libro en branco converterse nun libro con cores e debuxos.


Hoxe tivemos na Biblioteca de Muxía a María Canosa coa súa actividade “Perder o medo a través da poesía” , unha sesión moi participativa na que nenos e nenas se achegaron á poesía dun xeito diferente ao tempo que se enfrontaron ao propios medos e viron como coa poseía o noso mundo pode ser un poquiño mellor.


O xoves 11 de maio, ás 19:00 horas visitounos Martín Camiña co seu espectáculo de maxia. Os asistentes quedaron encantados con esta actividade do máis divertida que consistiu nun espectáculo de maxia na que se intercalaba información sobre algunhas das obras de Carlos Casares.
Público asistente:
cativos: 16
adultos: 21


Séguenos