O COCIÑEIRO ANTÓN E A PASTELEIRA TOMASA EN ROIS
Boa tarde en compañía de Teatro Calavera, nunha viaxe a través dos contos e das historias neste caso, cun toque culinario.
E para rematar, despois do contacontos, un taller de decoración de magdalenas!

Boa tarde en compañía de Teatro Calavera, nunha viaxe a través dos contos e das historias neste caso, cun toque culinario.
E para rematar, despois do contacontos, un taller de decoración de magdalenas!

Actividade de contacontos con música , xogos e debuxos.
O 25 de abril na Biblioteca de Portonovo, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coa actividade “Calendario de Contos”.

A sesión a cargo de Sole Felloza, achegou ós cativos de Portonovo unha marabillosa tarde de contos arredor do calendario. Todos xuntos cantaron, incluídos os país, nais e avoas, e pasaronno xenial. De feito houbo cativos que xa na casa seguían a cantar as melodías que Sole lles ensinara. E ó rematar, un cativo achegóuse para que Sole lle adicase o seu libro.

Foi un pracer contar con esta narradora e disfrutar das súas historias e a súa profesionalidade. Tanto os maiores coma os pequenos disfrutaron do lindo, de tal xeito que, cando Sole terminou ninguén se moveu do sitio: estaban tan metidos na sesión que querían máis…

Ata pronto Sole!
Ó día 28 de abril ás 18 h. chegou a Biblioteca P.M. de Vila de Cruces Pavís Pavós, cunha maleta chea de contos que foron narrando e interpretando con distintas voces e xestos, logrando captar a atención e a participación tanto dos cativos coma dos maiores.


A Biblioteca Pública Municipal de Ribeira presente na Feira da Educación.
Ler Conta Moito!

Polo Correo do Vento contaron e debuxaron a vida da excepcional pintora Maruja Mallo.

Como estamos de Feira este sábado, 29 de abril, o contacontos da Biblio fixémolo rodeados dos expositores dos centros de ensino de Ribeira, e para poder coñecer e gozar da historia de Maruja Mallo mirando a súa obra reinterpretada polos nenos e nenas dos nosos obradoiros de debuxo.

Os sábados vémonos na Biblioteca!
O pasado venres 28 de abril disfrutamos con Talía Teatro e o conto “Rosa Caramelo e outras historias”.
Este é un conto precioso que loita contra os estereotipos sexistas e aboga pola coeducación e a liberdade de elección.

Raquel, en representación de OQO Editora, achegou ata a Axencia de Lectura de San Vicente o Obradoiro gastronómico-literario “Coas mans na masa” dirixido á rapazada de 6 a 10 anos.

Que ocorre candomesturamos os contos e a cociña? Pois que contamos coas mans na masa!

A partir da historia de Pepiño e Maruxa e a súa disputa por facer pan, nesta actividade desenvolveuse un workshop creativo ondea rapazada asistente fixo as personaxes do conto…con masa de pan.

O venres, 28 de abril, puidemos disfrutar do talento do Mago Fran e do seu espectáculo de maxia mesturado con contos e xogos.
O Mago Fran conseguiu que os nenos se móstranse entusiasmados e participativos en todo momento.
Actividade moi entretida e moi recomendable.



Séguenos