Ian- Elisa- A maxia dos contos
“A MAXIA DOS CONTOS” dos magos Ian e Elisa
O día 22/08/2018 na Biblioteca municipal Segundo Gil Davila de Arbo tivo lugar esta actividade. Comeza cun pequeno truco de maxia no que preséntanse os magos. A continuación ela vai lendo un libro de contos que el vai interpretando cos xestos. Ademais inclúe un conto de animais realizado con sombras chinesas.
A actuación continúa con máis trucos de maxia no que participan activamente todos os nenos e nenas. Tamén invitan a unha nena que segue os pasos que lle indican e a que lle regalan un polbo feito coa técnica da Globoflexia.
Para rematar a maxia provoca unha gran nevada na Biblioteca.
Séguenos