Ilusións por e para Mª Victoria Moreno
Os nen@s dos centros de ensino de Porto do Son e Xuño puderon desfrutar do ilusionismo de Martín Camiña.

Os nen@s dos centros de ensino de Porto do Son e Xuño puderon desfrutar do ilusionismo de Martín Camiña.


Libros, animais, maxia e moito máis hoxe na biblioteca de Esgos. “A maxia dos contos” resultou moi entretida e amena
Na biblioteca de Boiro tivemos a oportunidade de gozar do espectáculo do Mago Pedro Bugarín. Unha actividade fabulosa que gustou a grandes e a pequenos e na que o mago sorprendeunos con impresionantes trucos de maxia. Un espectáculo moi interactivo no que se require en algunhas ocasións da colaboración do público o cal, moi entregado, non dubidaron en colaborar co mago, incluso chegando a poñer en perigo a súa integridade … (pero ate aquí podemos ler para non revelar nada). Pero tranquilos, ¡todo saíu xenial!
O pasado venres, 21 de setembro, veu visitarnos á biblioteca de Mera Patricia de “O Faiado de Nin”. Veu cargada cun sinfín de ideas e modelos relacionados co mundo dos libros e da lectura cos que as nenas e os nenos personalizaron as súas bolsas/mochilas de lector/a. Pasámolo realmente ben !!!!!

O venres , 21 de setembro visitounos Pablo Díaz co seu espectáculo ” Cantacontos para bebés “.
Pasamos unha tarde marabillosa chea de contos e cancións, sentíase un gran apego e agarimo polas nosas crianzas .
Foi moi entretida e espóntanea grazas a reciprocidade dos nosos nenos e nenas co contador.
Quedamos con ganas de máis. 
Moita rapazada e familias, na presentación este pasado Domingo 23 de Setembro do libro-disco de Pablo Díaz “TIC TAC TOC”.
O público amosouse moi participativo. Pablo e a súa banda aproveitaron tamén para presentarnos a súa nova publicación: “Coas miñas mans”.
A Biblioteca Pública de Corcubión está situada na Casa da Cultura.
#LerContaMoito

Este pasado venres as nenas e nenos de Moaña mergulláronse no universo literario de María Victoria Moreno a través dos contos de Marta Ortiz e a súa Festa no Faiado


Os nenos e os pais de Sarria cantaron e gozaron arreo coas melodías de Pablo Díaz.
Pablo levounos de viaxe polo mundo todo!
polo mundo da fantasía os nenos viaxaron e viaxaron!!
OS NENOS E NENAS DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA DO CPI PECALAMA CONVERTÉRONSE NOS PROTAGONISTAS DOS CONTOS POR UN DIA NESTES DIVERTIDOS OBRADOIROS CREATIVOS DE EDUVIA.

O pasado venres 21 de setembro, no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e organizado pola Biblioteca Pública Municipal “BIBLIOPAZOS” tivemos con nos a Paco Nogueiras co seu espectáculo “Radio BULEBULE” baseado no libro-cd-dvd da Editora Kalandraka.
Os alumnos e alumnas de Educación Infantil e os de 1º a 4º de Primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos, xunto cos usuarios da Asociación ASPAVI disfrutaron moitísimo deste espectáculo de animación á lectura a través da música, teatro e danza. Abriron as orellas, sintonizaron Radio BULEBULE e cantaron, bailaron e participaron dos concursos do mellor e máis divertido programa de radio da comunidade galega cheo de humor, baile e cancións.
Parabéns para Paco Nogueiras polo seu formidable espectáculo e mil grazas por facer que nos divertíramos tanto.


Séguenos