Contacontos de 1 a 3 anos con Charo Pita na Biblioteca “Dora Vázquez” de Oseiro, Arteixo
Dondondirindonga e Dondondirindón son dúas campás que viven no alto dunha torre. O mundo todo coñece o seu cantar, pero un día as campás enmudecen. Quen será capaz de devolverlles a voz?

O mundo dos sons a través de instrumentos musicais como a guitarra e o tambor conseguiron captar a atención dos pequenos e pequenas que en todo momento sentían curiosidade polas historias que contaba Charo Pita, tamén contemplaron como un pitiño saía dun ovo de peluche. A interacción entre os participantes e Charo foi constante, iso fixo que a media hora que durou o contacontos pasase moi axiña, pequenos e grandes saíron satisfeitos desta actuación.











Tarde máxica en Vedra no que cativos e maiores gozaron de trucos de maxia espectaculares nos que combinaron elementos tradicionais coas últimas tecnoloxías deixando aos presentes coa boca aberta.
Leo viaxou a países máxicos como India, China e Exipto para aprender trucos de maxia, tamén estivo co Principiño que lle regalou un planeta. Co que aprendeu en cada lugar as crianzas pasárono de marabilla. Tamén foi divertida a granxa que se formou coa intervención da rapazada. Todo estivo acompañado pola música e por efectos especiais que converteron a actividade nunha festa na que os fíos conductores foron os libros.







Pasámolo moi ben.



Séguenos