A MAXIA DE PEDRO BUGARÍN CHEGA Á BIBLIOTECA DE PARADA DE SIL, OURENSE.
O mago Pedro Bugarín encheu de ledicia e sorrisos o corazón da Ribeira Sacra O venres 23 de agosto ás 18:00 hrs, Pedro Bugarín engaiolou a grandes e a cativos con sorprendentes números de ilusionismo, combinados con grandes doses de humor e música. Todo o público participou nos diferentes números máxicos nos que as caras […]
O mago Pedro Bugarín encheu de ledicia e sorrisos o corazón da Ribeira Sacra
O venres 23 de agosto ás 18:00 hrs, Pedro Bugarín engaiolou a grandes e a cativos con sorprendentes números de ilusionismo, combinados con grandes doses de humor e música. Todo o público participou nos diferentes números máxicos nos que as caras de ilusión, sorpresa, sorrisos e gargalladas foron a tónica da boa tarde que pasamos.
Maxia de cartas, maxia de froitas e cores, de cordas e nós, maxia con libros e ata un perigosísimo truco cunha guillotina. Todo, coa simpatía que caracteriza a Pedro, que fixo partícipes aos nenos, adolescentes e adultos e se gañou ao público cunha actividade entretida, divertida e amena que nos deixou a todos abraiados.
Dende aquí queremos agradecer a Pedro a súa maxia e a ilusión que nos provocou. Así como tamén queremos darlle as grazas por lembrarlle a todos os presentes que ser socios dunha biblioteca é gratuito e permíte gozar infinitamente alén de contos e lendas. Parabéns Pedro!
Grazas tamén a todos os que vos achegástedes até a Biblioteca de Parada de Sil e compartíchedes a tarde connosco.