Xoán Curiel con “Pobre poesía” en Narón
Xoán Curiel estivo en Narón o pasado venres 18 de outubro para celebrar con nós o Día da biblioteca.
Aínda que a súa actuación estaba prevista na Biblioteca Central, as obras de acondicionamento do local obrigáronnos a trasladar a actividade á Axencia de lectura municipal da Gándara. Este espazo máis íntimo, dentro dun dos barrios máis poboados do noso concello, acolleu o concerto de Curiel, un espectáculo no que pon música á obra de mulleres poetas facendo un percorrido pola historia da poesía.