A verdadeira historia de Hamelin en Porto do Son
O sábado 17 de Outubro ás 11:00h. a BPM Xerardo Díaz Fernández, encheuse de xogos malabares e gargalladas ante esta nova versión dun clásico da literatura infantil.
O sábado 17 de Outubro ás 11:00h. a BPM Xerardo Díaz Fernández, encheuse de xogos malabares e gargalladas ante esta nova versión dun clásico da literatura infantil.
Os libros da casa tolearon. Cada un tivo unha experiencia e viaxe increíble e cóntannos as súas historias, divertidas, sensibles, emocionantes, fantásticas… Todo iso pudo desfrutarse o 15 de Outubro ás 15h.
O sábado, día 17, tocoulle aos nenos e nenas do Milladoiro. Os que participaron no obradoiro analizaron a estructura clásica dos contos, revisaron contos clásicos con novas persepectiva, escribiron e debuxaron! E todo dun xeito lúdico que os enganchou por completo!

Neste obradoiro de ilustración con papel os participantes desfrutaron das súas creacións ao tempo que escoitaban narracións de Carvalho Calero. Debuxaron, recortaron, pegaron e construiron un fermoso teatro cos seus monicreques, baixo a supervisión de Mirari, o 9 de Outubro ás 12:00h.
O venres día 16 os rapaces e rapazas que participaron neste obradoiro escirbiron un conto identificando as pezas narrativas clásicas: introdución, nudo e desenlace e acabárono plasmando nun marcapáxinas. Os resultados foron abraiantes!
Aos magníficos sons do acordeón de “Pulpiño” e coa voz e animación de Xurxo Souto, autor da recopilación e adaptación das cantigas das conserveiras do século XIX, cantamos todos con entusiasmo na biblioteca de Moeche, pasando unha velada inolvidable.
Por un mundo máis lila, por un mundo mellor, por un mundo máis igualitario e xusto. Contos para persoas adultas sobre a igualdade de dereitos e deberes. Un xeito de reflexionar co sorriso nos beixos e a gargalladas, foi o que trouxo Cris o día 12 de Outubro ás 19:30h. á BPM Xerardo Díaz Fernández.
Fátima Fernández voltou a Salceda de Caselas para que os libros que a acompañaran despregaran as súas fantasías.
Moitas historias,debuxos e figuras animadas compartiu Fátima Fernández cos nenos e nenas de Salceda de Caselas.

O sábado 10 de Outubro ás 11:00h. as crianzas puderon desfrutar con este conto e co correspondente obradoiro de manuealidades, elaborando figuras propias con fariña (facendo a masa in situ) e plastilina. Ademáis cada participante ideou un conto que narrou posteriormente.
Magín Blanco realizou unha actuación o pasado 16 de outubro no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples. Na súa compaña puidemos desfrutar do contacontos musicado e as cancións máis emblemáticas do autor. Sempre é un acerto contar coa súa presenza nas nosas instalacións: gran persoa e mellor artista que nos permitiu distraernos e gozar dunha actuación divertida e animada que nos fixo bailar no asento.




Séguenos