EXCELENTES MULLERES CIENTÍFICAS
O sábado 9 de outubro tivemos esta actividade na Biblioteca de Bergondo. Actividade moi interesante e na que se aprenderon un montón de curiosidades, sen esquecer o papel da muller neste ámbito


O sábado 9 de outubro tivemos esta actividade na Biblioteca de Bergondo. Actividade moi interesante e na que se aprenderon un montón de curiosidades, sen esquecer o papel da muller neste ámbito


Carballo con botos (Anxo Avelino Moure Mosquera), trouxonos unha morea de contos de lobos, historias que sementan o coñecemento da fauna dos nosos montes para aprender a coidar a natureza.

O xoves 30 de setembro, “Mamá cabra” visitou a Biblioteca de Vilalonga. Contaron historias coas súas cancións, onde o tema principal foi o coidado da natureza.


Un contacontos teatralizado con monicreques e diferentes personaxes, que interactuan co contador, facendo deste espectáculo, unha experiencia divertida e abraiante, para cativ@s e maiores. Ademáis coñeceron os diferentes personaxes mitolóxicos das provincias galegas. Unha ledicia de tarde… Grazas Barafunda!


O xoves 23 de setembro, tivemos a visita de “Tropa de trapo”, con historias de mulleres, mulleres protagonistas con voz propia. Catro contos de nenas, vencendo medos e resolvendo problemas..

O sábado 9 de outubro, Vicente Mohedano presentounos de maneira interesante e entretida imha sesión de divulgación arredor da idea de macho e masculinidade

O venres 8 de outubro visitounos Proyecto Bululú para contarnos uns “Contos do revés”. Moi ben o pasamos dándolle unha volta a moitos contos…

A Biblioteca Municipal de A Illa de Arousa estivo este sábado 9 de outubro, con Olga Brañas e Pitusa Semifusa coñecendo os instrumentos da gran familia da música…

Unha tarde moi amena onde os rapaces e rapazas coas súas familias disfrutaron do seu espectáculo e puideron coñecer a través do seu traballo gran cantidade de instrumentos e a súa tipoloxía…

O venres, día 8, no auditorio do Concello de Nigrán, da man de Raquel Queizás, fixemos unha gran Travesía, chea de imaxinación, emoción e moi tenra. Graciñas.


Gran participación na obra de teatro de Rosa Caramelo; realizada o día 8 de outubro na Biblioteca de Taboada, con historias dos bonobos con lentes, Artur e Clementina, e Unha feliz catástrofe, de Adela Turin.


Séguenos