“Príncipes rosas e princesas piratas” na Axencia Municipal de Lectura de Parada de Sil
O pasado luns mergullámosnos nos contos de César No. Foi moi divertido e de moita aprendizaxe o vivido coas historias de aventura dun príncipe que desexaba vestir de rosa, demostrándolle ó seu pobo que iso non faltaba a súa boa labor ou a galiña “pirata pata de lata” empeñada en dar o tesouro para que todo o pobo poidese beneficiarse e para rematar, as falcatruadas do gato de César na alameda de santiago.
Entre cancións e repeticións os cativos de Parada de Sil aprenderon unha menxase para a vida moi importante.
Grazas César por facernos pasar tan bo rato!!













O pasado venres 19 de Agosto dentro do conxunto de actividades «Agosto: Venres de Conto» tivemos a actuación de Paco Nogueiras e a presentación do seu libro disco «Brinca Vai! De aquí a acolá», na Rúa Irmáns La Salle ás 20:00h.






















Séguenos