A maxia está nos libros. BPM de Riós


O 12 de agosto ás 19:00 h. da tarde, organizamos a actividade: “A maxia está nos libros” a cargo do Mago Deimi, sen dúbida moi creativa e divertida!!


O 12 de agosto ás 19:00 h. da tarde, organizamos a actividade: “A maxia está nos libros” a cargo do Mago Deimi, sen dúbida moi creativa e divertida!!
Cerca de un cento de rapazass e rapazas do Pino disfrutaron coas historias, contos , versos, cancións, adiviñas e todo o que lles propuxo Frumario nunha xornada moi entretida

O pasado venres 12 de agosto tivo lugar a actividade “Scape Room Magic”. Cerca de 70 nen@s desfrutaron desta actividade que resultou ser moi interactiva, chea de maxia, xogos, … .





Grandes e pequenos desfrutaron deste obradoiro de cestos de papel reciclado na biblioteca do Concello de Mesía.

O mércores 10 de agosto, Iván estivo na biblioteca para contarnos 3 historia de tres animais artistas, moi especiais.



O pasado venres 12 de Agosto dentro do conxunto de actividades «Agosto: Venres de Conto» tivemos a actuación de Raquel Queizás «O Eco das Pedras», na Rúa Irmáns La Salle ás 20:00h.
Actividade na que colabora a Rede de Bibliotecas de Galicia no Programa Ler Conta Moito.
Sinopse O eco das pedras. As lendas que nos fan pobo: En Galicia as pedras están vivas. Nelas agóchanse tesouros, nelas viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes. Dentro das covas dormen as nubes do Nubeiro antes de formar fortes treboadas. Sobre as pedras descubrimos misteriosos petróglifos, gravados feitos sobre a pedra ao aire libre, que semellan mensaxes secretas que temos aínda que descrifrar.
A señora Antonia díxonos que era unha meiga. Con sombreiro picudo, nariz afiado, verruga no rostro… e trouxo contos moi antigos e historias que contaban as nosas avoas ao redor do lume nas noites escuras e de choiva. A rapazada da Axencia de Lectura de Parada de Sil disfrutou “sen medo” das vellas historias do “home do saco”e ata o camposanto máis divertido de Galicia onde as pantasmas, o lobishome e os vampiros fixeron rir a todos e lembrar aqueles contos dos nosos antergos.
Grazas Carmen Domech por tan boa e divertida experiencia de contacontos!

Onte o Mago Paco visitou o concello de A Bola para traernos un espectáculo de Maxia Divertida coa que disfrutamos moito tanto nenos/as coma adultos/as. A treboada e a chuvia non nos deu tregua e obrigou a trasladar finalmente o espectáculo e a Biblioteca de Verán da Bola cara un espazo cuberto, pero non puido parar as nosas gañas de pasalo ben cos trucos de maxia e xogos que Paco nos propuxo do xeito máis interactivo e ameno!








Séguenos