Cambre recibiu a visita do paroleiro
A Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo de Cambre acolleu este venres, 16 de setembro, o espectáculo “O paroleiro” a cargo da compañía Os Contos de Pablísimo. O paroleiro, apoiandose en distintas técnicas e estilos, enredou ao público infantil e familiar cun feixe de divertidas historias, ofrecendo unha sesión memorable.