Unha tarde de contos ambientais en Cambre
Na tarde do mércores 28 de setembro tivemos unha visita moi especial na Biblioteca Municipal Central de Cambre. Antes de comezar coa actividade de animación á lectura, un barrendeiro que pasaba por alí chamounos a atención sobre a importancia de non botar cousas ao chan para despois enredarnos a todas as persoas participantes cunha chea de divertidas anécdotas e contos ambientais.
O espectáculo ‘Miña casa, meu lar (contos ambientais)’, da man do narrador oral Caxoto, ademais de facernos rir e participar en distintos xogos, fíxonos pensar sobre a necesidade de coidar o noso entorno para que el nos coide a nós.