Unha tardiña de contos en Ares

Na Biblioteca de Ares, pasamos unha tardiña preciosa con contos ben divertidos……

Na Biblioteca de Ares, pasamos unha tardiña preciosa con contos ben divertidos……
Estamos a celebrar o día do libro, e nesta ocasión visitounos Trémola Teatro con “Leo e as Cores”.
Foi unha función adicada ós mais pequenos da casa que gozaron ata o final cos contos e coa música.
Un dez!
C
Como sempre non defrauda e logra que os nenos e nenas esten atentos e implicados durante toda a actividade que sempre amosa a súa parte didactica de amor a natureza.
O remate do conto cada nen@ levou para a casa un zapatiño de cartón para pintar e regalar a quen quixera.


Chimpo de ra, de Raquel Queizás.
Non fixeron falta cadeiras, que había que chimpar!
O día 21 de abril celebramos o Día do Libro, dentro do ” Mes das Letras”, con Raquel Queizas que sacou uns contos maravillosos dunha maleta vella. Foi moi divertida.


Empezamos o 19 de abril as actividades do ” Mes das Letras ” pasandoo moi ben con Trinke trinke e ” Un ratiño presumido ” tanto nenos como pais o pasaron moi ben.

Este sábado, co gallo do Día do Libro, a Biblioteca Municipal programou a actividade “Garavanciña e o esquío. Musicar un conto” con Babaluva Teatro. Foi un espectáculo moi participativo e dinámico tanto para nenos como para adultos. Unha moi agradable experiencia participar en musicar un conto da man de Mirari Urruzola.
Este pasado sábado recibimos na biblioteca de Buxantes un obradoiro científico ben curioso.
Héroes para la ciencia achegounos unha morea de experimentos, permitindo que todas as persoas asistentes partipasen activamente.
Unha tarde de chuvia ben interesante!

O pasado venres recibimos na biblioteca de Olveira a visita de José Rivera.
Con el participamos nun obradoiro para meigas e bruxas, no que os asistentes puideron aprender moito sobre maxia. Practicaron algúns efectos e descrubrimos que na biblioteca agóchase a maxia dentro dos libros.




Séguenos