PORCO, PORQUIÑO, ENSÍNAME O CAMIÑO no PAI DE BÓVEDA
Un pracer coma sempre disfrutar da contada de Charo Pita para por punto e seguido a actividade do Punto de atencián á Infancia do concello de Bóveda.

Un pracer coma sempre disfrutar da contada de Charo Pita para por punto e seguido a actividade do Punto de atencián á Infancia do concello de Bóveda.

Ian e Elisa non defraudaron ás expectativas no seu traballo o pasado Venres 28 en Aranga. Pasando unha mañá superdivertida coa súa habitual mestura de humor , ilusionismo e maxia da boa…. Nesta tempada ademais nos ensinaron todas a creatividade que un simple globo pode requirir para o transformar nunha flor, cunha coroa ou converternos en bolboretas.

Xosé Avelino González trasmitiulles ao nenos e nenas do Campamento de Verán de Carballedo a súa paixón polo mundo das abellas: explicoulles como coñecelas, respetalas e querelas.

O xoves 27 de xullo tivemos na biblioteca de Sober un obradoiro denominado “Mulleres inventoras “, impartido por Raquel Vázquez Blanco. Esta actividade descubre de maneira dinámica e participativa os inventos de mulleres moitas veces esquecidas na historia. A sesión rematou cun xogo de memoria e a realización de paneis coa vida e obra destas mulleres inventoras. Asistiron 36 nenos e nenas paricipantes no campamento de verán do noso concello.


O pasado venres día 28 visitou a biblioteca Fran Campos coa compañía de Filipa, compartindo historias e contos que nos fixo pasar un rato moi divertido a todalas familias que asistiron ó auditorio da biblioteca de Covelo.


Os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia do Concello de Carballedo celebraron unha festa moi especial de fin de curso. Asistiron á representación dun contacontos no que estaba permitido tocar, oler, manipular diferentes utensilios e materiais que expertan a curiosidade dos máis pequenos.

As nenas e nenas de Cee desfrutaron durante tres xornadas da programación de Ler Conta Moito 2023. A Biblioteca Francisco Mayán programou tres actividades ó mediodía os días 26, 27 e 28 de xullo.
Comenzamos o mércores 26 con 1,2,3 A Contar: Trémola: A gran aventura dos animais.
Nesta sesión de contos, Emilia, unha gata moi moi curiosa, xa está farta de facer sempre o mesmo polo que cansa disto, decide emprender unha viaxe en autobús, acompañada de todos os nenos e nenas presentes. A través de diferentes historias de animais, Emilia transportounos por diferentes cidades, nas que viviu diferentes aventuras, facendo partícipe ó numeroso público asistente e lembrándolle que aínda que estemos de vacacións, os libros son os perfectos compañeiros para vivir grandes aventuras.
Seguimos o xoves 27 con Fran Campos: Fazulas, o ladrón de paraugas.
Este espectáculo mergúlounos no eido da curiosidade infantil, cando os cativos se erixen en exploradores do mundo comezando o camiño da súa aprendizaxe. Tamén trata de sensibilizalos en temas como a violencia machista, os conflitos bélicos ou a indefensión que sofren estes en moitos países do terceiro mundo. Un espectáculo que mesturou títeres, música e narración oral facendo pasar unha divertida mañá ós asistentes.
E como colofón, o venres 28, Tarabela Creativa engaiolou ós nenos e nenas con Astrolabios.

“Astrolabio” significa “buscador de estrelas”. Durante unha hora, nenas, nenos e acompañantes convertíronse en buscadores de estrelas nunha viaxe ao espazo exterior. Nesta sesión fíxose un percorrido para coñecer o ceo dende as diferentes culturas, mitos e lendas da Terra.
Grazas a estas historias, poidemos descubrir o deserto de Namibia, os pobos maia e azteca, viaxamos ata os aborixes australianos, ata os indios americanos, cruzamos a China ou ata a tribo dos Batammalibas. Aprendemos un monton de cousas sobre a lúa e o Sistema Solar, as nebulsas…. Non hai cohete que nos leve máis lonxe e que sexa máis ecolóxico que os contos, e Tarabela amosounos con este fermoso espectáculo a lectura pode levarnos a onde queiramos, tamén no verán.


Actividade educativa e de divulgación sobre o cosmos que encantou ao público!!!


O pasado xoves 27, pequenos e maiores desfrutaron dunha tarde en familia da man de Xoán Curiel co espectáculo “Como montar a túa banda de verán” no exterior das instalacións da BPM de Cerdedo. Moita música, baile e diversión na que os nenos e nenas foron os protagonistas.

O Mago Paco estivo en Azúa e fixo MAXIA ca iMAXInAción.Os libros, os contos, a maxia e a imaxinación son os piares desta actividade que captura a atención dos nenos.



Séguenos