Nas Letras Galegas Pintamos …..Letras.
Unha actividade artística, que foi do gusto de todxs o participantes. Deseño, e estética nunha xornada para xente nova.

Unha actividade artística, que foi do gusto de todxs o participantes. Deseño, e estética nunha xornada para xente nova.

Onte, Día das Bibliotecas, estivo na nosa, O mago Paco, facendo un espectáculo variado de maxia que foi do gusto de toda a familia.



Recollemos en imaxes algúns dos momentos do contacontos de Charo Pita, “Porco, porquiño, ensíname o camiño”, para celebrar o día das bibliotecas en Tui.


Tarde fabulosa e divertida que nos fixo pasar Caxoto coas súas historias e consellos para preservar o medio ambiente. Divertido conto cheo de personaxes e evocadores sons.
Este sábado tivemos na nosa biblioteca para un público de 40 persoas, o conto teatralizado “A Cabaza encantada”. O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa regresaron a Frades para contarnos unha historia máxica. Antón plantou unha semente e de alí a un tempo naceu unha cabaza, pero era unha cabaza especial a que lle gustaba asustar e o noso cociñeiro tivo que armarse de valor para desfacerse dos monstros que ali apareceron. Unha historia para esmendrellarse de risa na que os cativos e cativas non deixaron de rir. Sen dúbida seguiremos apostando por este duo que sempre conseguen superarse.

Conto musicado e coa participación de todo o público.Logrou atrapar @s rapaces na narración durante toda a actividade

Viravolta Títeres achegou ata a Axencia de Lectura de San vicente o seu espectáculo de títeres “A nena que rega a alfabaca e o príncipe preguntón”. Un retablo, unha guitarra e títeres de luva para contar os namoramentos da falangueira filla do zapateiro e un príncipe sabichón.

Á función asistiu o alumnado de Educación Infantil e Primaria do CEIP As Bizocas.

O luns 23 festexamos o Día da Biblioteca en Cerdedo-Cotobade da man da compañía Bandullo Azul. Os contos de “Filipa” e de Fran Campos conseguiron que nenas/os e maiores desfrutaran dunha xornada moi divertida no centro cultural de Cerdedo.


Dende as cancións como “O meu país” e outras… O artísta e músico propón un divertido e instructivo viaxe, para percibir o mundo como un universo máxico cheo de sensacións amables coas que gozar da música en familia.

Con motivo do Día da Biblioteca o pasado sábado 21 de outubro 15 rapaces e rapazas puideron gozar deste obradoiro no que cada un, aprendendo distintas técnicas de pregado de papel, elaboraron cadanseu libro pop-up.


Séguenos