23/05/2024
O xoves 16 de maio, numeroso alumnado de primaria dos colexios Manuela Rial e Vila de Cee, así como unha clase do CEIP Brens, poideron achegarse á figura de Luisa Villalta, homenaxeada neste ano co Día das Letras Galegas, da man da escritora María Canosa. A mesma tivo como base o libro publicado este ano da súa autoría, “Luisa Villalta, melodía de palabras”.
A partir de cada nota musical, María fixo un completo percorrido pola biografía de Luisa, para despois intercambiar impresións coas nenas e nenos que lle fixeron varias preguntas sobre Luisa Villalta e tamén sobre como foi o proceso de escribir este libro.
A charla rematou cun
ha sinatura de exemplares, un dos cales quedará no Fondo Local da Biblioteca Pública Francisco Mayán cunha fermosa adicatoria para os lectores, e para a propia vila de Cee, cuna de María Canosa.
Séguenos