Luísa Villalta e o violino de vento na Biblioteca de Culleredo

O xoves 16 de maio, tivemos na nosa biblioteca Miguel González Garcés un contaconto sobre Luísa Villalta. Carmen e Olga, recitaron poemas das mulleres homenaxeadas outros anos nas Letras Galegas: Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno e Xela Arias , con monicreques de sombras. E despois, as de Luísa Villalta cunha roda e un mural de tea despregable. Remataron lanzando avións de papeis con frases de poemas da homenaxeada neste ano.




















Séguenos