Teatro Ghazafelhos – Lúa
O luns día 13 de maio, tivemos na axencia de lectura de Meaño a Teatro Ghazafelhos co seu espectáculo Lúa, que fixo a ledicia das persoas asistentes, mestura de obradoiro e obra de teatro, dinámica, participativa.

O luns día 13 de maio, tivemos na axencia de lectura de Meaño a Teatro Ghazafelhos co seu espectáculo Lúa, que fixo a ledicia das persoas asistentes, mestura de obradoiro e obra de teatro, dinámica, participativa.

o luns 13 de maio ás 12:00 os artistas de ANIMAR-T visitaron a biblioteca municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos. Nenos e nenas de sete e oito anos disfrutaron do espectáculo de música, luces e baile permañecendo moi atentos á historia que Miguel, preocupado por un paxariño que ía visitalo todos os días durante a pandemia do ano 2020, lles contaba. Miguel , ante a imposibilidade de falar co esquivo paxaro, interroga aos seus animais , un can, unha galiña, unha tartaruga e a súa vaca. Con cada un deles canta unha canción que fai as delicias dos pequenos.
Espectáculo recomendable dado a implicación que teñen co público a quen meten na historia dende o principio.



Seguindo coa progamación do mes dos libros e das letras, na biblioteca de Foz pasamos unha tarde moi animada con Esteban Acuña de Tarabelos e a adaptación do conto popular “O traxe novo do rei”. Unha interpretación con monicreques marabillosa que consigue captar a atención de todo o público asistente.
O pasado venres, día 10 de maio, a artista Cris de Caldas visitou a Biblioteca Municipal da Estrada co seu espectáculo A bibliotecaria estrafalaria, no cal nos relata cun ritmo trepidante e divertidísimo unha selección de contos do máis rocambolescos e estrafalarios.


Este luns, 13 de maio, levouse a cabo a actuación de Polo correo do vento en Santiso, para homenaxear a Luísa Villalta coa obra “Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta” Foi unha mañá moi entretida e interesante gracias a estes grandes artistas. Pasamolo xenial.

Tiveches unha vida de novela? Os participantes aprenderon técnicas de narrativa .
Foi dirixido a persoas interesadas en descubrir, preservar e divulgar a historia persoal e/ou familiar.
O actual ritmo de vida e o desapego das xeracións máis novas fai que se perdan os lazos familiares, condenando ás xeracións anteriores o esquecemento. Escribe a túa historia e déixalles o teu legado.
Os recordos familiares son un valioso patrimonio que é preciso conservar e transmitir. O obradoiro pretendeu dotar aos participantes das ferramentas básicas para traballar e difundir este legado, dándolles a coñecer as ferramentas básicas da creación literaria .




Chovía hoxe nas Somozas polo que cambiamos de escenario para emprender con Carmen Domech e Olga Abad unha viaxe no tempo e atoparnos con todas as autoras homenaxeadas no Día das Letras Galegas dende 1963 ata a actualidade, ao través de sombras chinesas, muíños de vento, avións cheos de poesías e un caderno de debuxo sobre a vida e obra de Luísa Villalta.


O mártes, 7 de maio ás 10 da mañá xuntamonos na Axencia de lectura das Somozas con Marta Ortíz para que nos contase e cantase como son as casas onde viven a lúa, a raposa, os grilos, as rás, os ratiños, as cabuxas, as vacas, os paxaros e as cantarinas moscas! E mentras cantabamos e danzabamos coas nosas máns aprendimos que como a nosa casiña…negunha!

Na biblioteca de Foz, pola celebración do día do Libro, pasamos unha tarde moi animada coas historias de Carmen Domech e os seus monstros protagonistas de tres contos.


Séguenos